Como protexe Google a miña privacidade e mantén segura a miña información?

Sabemos que a seguridade e a privacidade son importantes para ti, pero tamén son importantes para nós. Proporcionar unha seguridade sólida e ofrecerche a confianza de que a túa información está segura e de que podes acceder a ela cando o precises é a nosa prioridade.

Estamos a traballar constantemente para garantir unha alta seguridade, protexer a túa privacidade e facer que Google sexa aínda máis eficiente para ti. Gastamos miles de millóns de dólares cada ano en seguridade e contratamos expertos de fama mundial en seguridade de datos para manter a salvo a túa información. Tamén creamos ferramentas de seguridade e privacidade fáciles de usar como o panel de control de Google, a verificación en 2 pasos e a configuración de anuncios. Por iso, no tocante á información que compartes con Google, ti tes o control.

Para obter máis información acerca da seguranza online, incluído como protexerte a ti e á túa familia, visita o Centro de seguranza de Google.

Máis información acerca de como protexemos os teus datos persoais, como os mantemos en privado e como permitimos que teñas o control.

Como podo eliminar a miña información dos resultados da busca de Google?

Os resultados da busca de Google son un reflexo do contido dispoñible publicamente na web. Os motores de busca non poden eliminar o contido directamente dos sitios web, xa que a eliminación dos resultados da busca de Google non eliminaría o contido da web. Se queres eliminar contido da web, debes contactar co administrador web do sitio en que está publicado o contido e solicitarlle que faga un cambio. Unha vez que se elimine o contido e Google teña en conta a actualización, a información xa non volverá aparecer nos resultados da busca de Google. Se tes unha solicitude de eliminación urxente, tamén podes visitar a nosa páxina de axuda para obter máis información.

Envíanse as miñas consultas de busca aos sitios web cando fago clic nos resultados da busca de Google?

Nalgúns casos si. Ao facer clic nun resultado da Busca de Google, o navegador web tamén pode enviar o enderezo de Internet ou o URL da páxina de resultados de busca á páxina web de destino como URL do referenciador. O URL da páxina de resultados de busca pode conter en ocasións a consulta de busca que inseriches. Se estás utilizando a busca SSL (funcionalidade de busca encriptada de Google), na maioría das ocasións, os teus termos de busca non se enviarán como parte do URL no URL do referenciador. Existen algunhas excepcións, como por exemplo, no caso de usar navegadores menos populares. Fai clic aquí para obter máis información acerca da busca SSL. Podes acceder a consultas de busca ou a información contida no URL do referenciador a través de Google Analytics ou dunha interface de programación de aplicacións (API polas súas siglas en inglés). Ademais, os anunciantes poden recibir información relacionada coas palabras clave exactas que deron lugar a que se fixese clic nun anuncio.