Xestión das cookies no teu navegador

Algunhas persoas prefiren non permitir as cookies, motivo polo que a maioría dos navegadores che permiten xestionar as cookies de xeito personalizado.

Algúns navegadores limitan ou eliminan as cookies, de modo que é posible que queiras revisar a configuración dos anuncios e das cookies. Nalgúns navegadores podes configurar regras para xestionar as cookies en función de cada sitio, facilitándoche un control máis detallado sobre a túa privacidade. Isto significa que podes deshabilitar as cookies de todos os sitios, excepto as dos sitios nos que confías.

No navegador Google Chrome, o menú Ferramentas contén unha opción para borrar datos de navegación. Podes utilizar esta opción para eliminar cookies e datos doutros sitios e complementos, incluídos os datos almacenados no teu dispositivo por Adobe Flash Player (denominadas comunmente cookies de Flash). Consulta as nosas instrucións para xestionar as cookies en Chrome.

Outra función de Chrome é o seu modo de incógnito. Podes navegar no modo de incógnito se non desexas que as túas visitas a sitios web ou descargas se rexistren nos teus historiais de navegación e de descarga. Todas as cookies creadas durante o modo de incógnito eliminaranse unha vez pechadas todas as ventás de incógnito.