Como utiliza Google a información de sitios ou aplicacións que usan os nosos servizos
Moitos sitios web e aplicacións utilizan servizos de Google para mellorar o seu contido e facer que sexa gratuíto. Cando integran os nosos servizos, estes sitios e aplicacións comparten información con Google.
For example, when you visit a website that uses advertising services like AdSense or Google Ads, including analytics tools like Google Analytics, or embeds video content from YouTube, your web browser automatically sends certain information to Google. This includes the URL of the page you’re visiting and your IP address. We may use the IP address, for example, to identify your general location, to measure the effectiveness of ads, and, depending on your settings, to improve the relevance of the ads you see. We may also set cookies on your browser or read cookies that are already there. Apps that use Google advertising services also share information with Google, such as the name of the app and a unique identifier for advertising.
Google utiliza a información compartida polos sitios e as aplicacións para ofrecer, manter e mellorar os seus servizos, crear outros novos, medir a eficacia da publicidade, ofrecer protección contra fraudes e usos inadecuados e personalizar os contidos e os anuncios que ves en Google e nos sitios e aplicacións dos nosos socios. Consulta a nosa Política de privacidade para obter máis información sobre como procesamos os datos para cada un destes fins e a nosa páxina de Publicidade para obter máis información sobre os anuncios de Google, como se utiliza a túa información no contexto da publicidade e durante canto tempo almacena Google estes datos.
Na nosa Política de privacidade explícanse os fundamentos xurídicos nos que se basea Google para tratar a túa información. Por exemplo, podemos tratar a túa información co teu consentimento ou con intereses lexítimos (como ofrecer, manter ou mellorar os nosos servizos para cumprir coas necesidades dos usuarios).
Ás veces, cando tratamos información que os sitios e as aplicacións compartiron connosco, estes pediranche previamente o teu consentimento para permitirnos tratar os teus datos. Por exemplo, pode aparecer un báner nun sitio para pedirche que permitas que Google trate a información que o sitio recompile. Nestes casos, respectaremos as finalidades descritas no consentimento que lle outorgas ao sitio ou aplicación, en lugar dos fundamentos xurídicos descritos na Política de privacidade de Google. Se queres cambiar ou retirar o teu consentimento, debes acceder ao sitio ou aplicación en cuestión.
Personalización de anuncios
Se a personalización de anuncios está activada, Google utilizará a túa información para que a publicidade che resulte máis útil. Por exemplo, é posible que un sitio web no que se venden bicicletas de montaña utilice servizos de publicidade de Google. Despois de visitar ese sitio, pode que vexas un anuncio de bicicletas de montaña nun sitio diferente no que se publiquen anuncios de Google.
Se a personalización de anuncios está desactivada, Google non recompilará nin utilizará a túa información para crear un perfil de publicidade nin personalizar os anuncios que Google che mostra. Continuarás vendo anuncios, pero é posible que non che resulten tan útiles. Os anuncios poden seguir baseándose no tema do sitio web ou da aplicación que esteas consultando, nos termos de busca actuais ou na túa localización xeral, pero non nos teus intereses nin no historial de busca ou de navegación. A túa información pode seguir utilizándose para os outros fins mencionados anteriormente, como para medir a eficacia da publicidade e protexer contra fraudes e usos inadecuados.
Cando interactúas cun sitio web ou cunha aplicación que utiliza servizos de Google, podes escoller se queres ver anuncios personalizados de provedores publicitarios, incluído Google. Independentemente da túa elección, Google non personalizará os anuncios que ves se a opción de configuración Personalización de anuncios está desactivada ou se a túa conta non cumpre os requisitos para os anuncios personalizados.
Podes ver e controlar que información queres que utilicemos para mostrarche publicidade desde a opción Configuración de anuncios.
Como podes controlar a información recompilada por Google nestes sitios e aplicacións
A continuación, indícanse algúns métodos para controlar a información que comparte o teu dispositivo cando visitas ou interactúas con sitios e aplicacións que utilizan servizos de Google:
- A opción Configuración de anuncios axúdache a controlar os anuncios que ves nos servizos de Google (como a Busca de Google ou YouTube) ou en sitios web e aplicacións alleos a Google que utilizan servizos de publicidade de Google. Tamén podes obter información sobre como se personalizan os anuncios e como desactivar a personalización de anuncios ou bloquear determinados anunciantes.
- If you are signed in to your Google Account, and depending on your Account settings, My Activity allows you to review and control data that is saved by your activity controls when you use Google services, which may include information we collect from the sites and apps you have visited. You can browse by date and by topic, and delete part or all of your saved activity.
- Moitos sitios web e aplicacións utilizan Google Analytics para comprender como interactúan os visitantes cos seus sitios ou aplicacións. Se non queres que se utilice Analytics no navegador, podes instalar o complemento do navegador de Google Analytics. Obtén máis información acerca de Google Analytics e a privacidade.
- Co modo de incógnito de Chrome podes limitar a información que Chrome garda no teu dispositivo cando navegas pola Web. Podes consultar máis información sobre o modo de incógnito. As cookies elimínanse unha vez que pechas todas as ventás e pestanas do modo de incógnito, e os marcadores e as opcións de configuración almacénanse ata que os eliminas. Obtén máis información acerca das cookies. Using Incognito mode in Chrome or other private browsing modes does not prevent the collection of data when you visit websites that use Google services, and Google still collects data when you visit websites using Google services in private browsing modes.
- Moitos navegadores, entre eles Chrome, permítenche bloquear as cookies de terceiros. Tamén podes borrar as cookies existentes desde o teu navegador. Máis información acerca da xestión das cookies en Chrome.
