Como utiliza Google a información de sitios ou aplicacións que usan os nosos servizos

Moitos sitios web e aplicacións utilizan servizos de Google para mellorar o seu contido e facer que sexa gratuíto. Cando integran os nosos servizos, estes sitios e aplicacións comparten información con Google.

Por exemplo, cando visitas un sitio web que utiliza servizos de publicidade como AdSense (que inclúe Google Analytics e outras ferramentas de análise) ou incorpora contido de vídeo de YouTube, o teu navegador web envía automaticamente determinada información a Google. Entre estes datos inclúense o URL da páxina que estás visitando e o teu enderezo IP. Así mesmo, podemos establecer cookies no teu navegador ou ler cookies que xa están activadas. As aplicacións que usan servizos de publicidade de Google tamén comparten información con Google, como o nome da aplicación e un identificador único para a publicidade.

Google utiliza a información compartida polos sitios e as aplicacións para ofrecer, manter e mellorar os seus servizos, crear outros novos, medir a eficacia da publicidade, ofrecer protección contra fraudes e usos inadecuados e personalizar os contidos e os anuncios que ves en Google e nos sitios e aplicacións dos nosos socios. Consulta a nosa Política de privacidade para obter máis información sobre como procesamos os datos para cada un destes fins e a nosa páxina de Publicidade para obter máis información sobre os anuncios de Google, como se utiliza a túa información no contexto da publicidade e durante canto tempo almacena Google estes datos.

Na nosa Política de privacidade explícanse os fundamentos xurídicos nos que se basea Google para tratar a túa información. Por exemplo, podemos tratar a túa información co teu consentimento ou con intereses lexítimos (como ofrecer, manter ou mellorar os nosos servizos para cumprir coas necesidades dos usuarios).

Ás veces, cando tratamos información que os sitios e as aplicacións compartiron connosco, estes pediranche previamente o teu consentimento para permitirnos tratar os teus datos. Por exemplo, pode aparecer un báner nun sitio para pedirche que permitas que Google trate a información que o sitio recompile. Nestes casos, respectaremos as finalidades descritas no consentimento que lle outorgas ao sitio ou aplicación, en lugar dos fundamentos xurídicos descritos na Política de privacidade de Google. Se queres cambiar ou retirar o teu consentimento, debes acceder ao sitio ou aplicación en cuestión.

Personalización de anuncios

Se a personalización de anuncios está activada, Google utilizará a túa información para que a publicidade che resulte máis útil. Por exemplo, é posible que un sitio web no que se venden bicicletas de montaña utilice servizos de publicidade de Google. Despois de visitar ese sitio, pode que vexas un anuncio de bicicletas de montaña nun sitio diferente no que se publiquen anuncios de Google.

Se a personalización de anuncios está desactivada, Google non recompilará nin utilizará a túa información para crear un perfil de publicidade nin personalizar os anuncios que Google che mostra. Continuarás vendo anuncios, pero é posible que non che resulten tan útiles. Os anuncios poden seguir baseándose no tema do sitio web ou da aplicación que esteas consultando, nos termos de busca actuais ou na túa localización xeral, pero non nos teus intereses nin no historial de busca ou de navegación. A túa información pode seguir utilizándose para os outros fins mencionados anteriormente, como para medir a eficacia da publicidade e protexer contra fraudes e usos inadecuados.

Cando interactúas cun sitio web ou cunha aplicación que utiliza servizos de Google, podes escoller se queres ver anuncios personalizados de provedores publicitarios, incluído Google. Independentemente da túa elección, Google non personalizará os anuncios que ves se a opción de configuración Personalización de anuncios está desactivada ou se a túa conta non cumpre os requisitos para os anuncios personalizados.

Podes ver e controlar que información queres que utilicemos para mostrarche publicidade desde a opción Configuración de anuncios.

Como podes controlar a información recompilada por Google nestes sitios e aplicacións

A continuación, indícanse algúns métodos para controlar a información que comparte o teu dispositivo cando visitas ou interactúas con sitios e aplicacións que utilizan servizos de Google:

  • A opción Configuración de anuncios axúdache a controlar os anuncios que ves nos servizos de Google (como a Busca de Google ou YouTube) ou en sitios web e aplicacións alleos a Google que utilizan servizos de publicidade de Google. Tamén podes obter información sobre como se personalizan os anuncios e como desactivar a personalización de anuncios ou bloquear determinados anunciantes.
  • Se iniciaches sesión na túa conta de Google, e en función da túa configuración, A miña actividade permitirache revisar e controlar os datos que se crean ao utilizar servizos de Google, incluída a información que recompilamos dos sitios e aplicacións que visitaches. Podes navegar por data e por tema, e eliminar total ou parcialmente a actividade.
  • Moitos sitios web e aplicacións utilizan Google Analytics para comprender como interactúan os visitantes cos seus sitios ou aplicacións. Se non queres que se utilice Analytics no navegador, podes instalar o complemento do navegador de Google Analytics. Obtén máis información acerca de Google Analytics e a privacidade.
  • O modo de incógnito de Chrome permíteche navegar pola web sen rexistrar páxinas web e ficheiros no historial do navegador ou da conta (a non ser que escollas iniciar sesión). As cookies elimínanse unha vez que peches todas as ventás e pestanas do modo de incógnito, e os favoritos e as configuracións almacénanse ata que os eliminas. Obtén máis información acerca das cookies.
  • Moitos navegadores, entre eles Chrome, permítenche bloquear as cookies de terceiros. Tamén podes borrar as cookies existentes desde o teu navegador. Máis información acerca da xestión das cookies en Chrome.