Como conservamos en Google os datos que recompilamos

Recompilamos datos mentres utilizas servizos de Google. Na nosa Política de privacidade descríbese que elementos recompilamos, por que o facemos e como podes xestionar a túa información. Nesta política de retención descríbese por que conservamos diferentes tipos de datos durante distintos períodos de tempo.

Algúns datos podes eliminalos cando queiras, uns elimínanse automaticamente e outros conservámolos durante períodos máis prolongados se é necesario. Cando eliminas datos, seguimos unha política de eliminación para asegurarnos de que estes se borran de forma segura e completa dos nosos servidores ou se conservan unicamente de forma anónima. Como anonimiza Google os datos

Información conservada ata que a eliminas

Ofrecemos varios servizos que che permiten corrixir ou eliminar datos que están almacenados na túa conta de Google. Por exemplo, podes:

Gardaremos estes datos na túa conta de Google ata que decidas eliminalos. Se utilizas os nosos servizos sen iniciar sesión nunha conta de Google, tamén che ofreceremos a posibilidade de eliminar algunha información vinculada co elemento que utilices para acceder aos nosos servizos, por exemplo, un dispositivo, un navegador ou unha aplicación.

Datos que caducan despois dun determinado período de tempo

Nalgúns casos, en vez de ofrecer un modo de eliminar os datos, almacenámolos durante un período de tempo predeterminado. Para cada tipo de datos temos establecidos prazos de retención en función do motivo da súa recompilación. Por exemplo, para asegurarnos de que os nosos servizos se mostran correctamente en moitos tipos diferentes de dispositivos, podemos conservar o ancho e a altura do navegador durante un prazo máximo de 9 meses. Tamén tomamos medidas para converter determinados datos en anónimos en períodos de tempo determinados. Por exemplo, convertemos os datos de publicidade en anónimos nos rexistros dos servidores mediante a eliminación de parte do enderezo IP (despois de 9 meses) e da información das cookies (despois de 18 meses).

Información conservada ata que se elimina a conta de Google

Conservamos algúns datos mentres teñas a túa conta de Google se resultan útiles para axudarnos a comprender como interactúan os usuarios coas nosas funcións e como podemos mellorar os nosos servizos. Por exemplo, despois de eliminar unha busca específica de Google de A miña actividade, podemos conservar formación acerca da frecuencia coa que buscas contido, pero non o que buscaches exactamente. Cando elimines a túa conta de Google, tamén se borrará a información sobre a frecuencia coa que buscas contido.

Información conservada durante períodos de tempo prolongados con fins limitados

En ocasións, os requisitos empresariais e legais obrígannos a conservar determinada información con fins específicos durante un período de tempo prolongado. Por exemplo, cando fas un pago a Google ou cando este procesa un pago para ti, conservaremos estes datos durante períodos de tempo superiores aos requiridos para fins fiscais ou de contabilidade. A continuación indícanse as razóns polas que podemos conservar algúns datos durante períodos de tempo superiores:

Permitir a eliminación segura e completa do datos

Cando elimines datos da túa conta de Google, iniciaremos de inmediato o proceso de eliminación da información no produto e nos nosos sistemas. En primeiro lugar, intentaremos borrar os datos inmediatamente e é posible que non se poidan volver utilizar para personalizar a túa experiencia de Google. Por exemplo, se eliminas un vídeo que visualizaches desde o panel de control de A miña actividade, YouTube deixará de mostrar automaticamente o progreso de visualización dese vídeo.

A continuación, iniciaremos un proceso deseñado para eliminar de forma segura e completa os datos dos nosos sistemas de almacenamento. É importante realizar unha eliminación segura para evitar que os usuarios e clientes perdan accidentalmente os seus datos. A eliminación completa da información dos nosos servidores resulta igualmente importante para a tranquilidade dos usuarios. Polo xeral, este proceso tarda preto de 2 meses en completarse desde o momento da eliminación. Aquí inclúese polo xeral un período de recuperación de ata un mes en caso de que os datos se eliminasen de forma non intencionada.

Cada sistema de almacenamento de Google desde o que se eliminan os datos ten o seu propio proceso detallado para a eliminación segura e completa. Este último pode incluír pasos repetidos ao longo do sistema para confirmar que se eliminaron todos os datos ou ben períodos de tempo adicionais breves para a recuperación en caso de erros. Como resultado, nalgunhas ocasións a eliminación pode tardar máis se se precisa tempo adicional para borrar os datos de maneira completa e segura.

Os nosos servizos tamén utilizan almacenamento de copia de seguranza cifrado como capa adicional de protección para axudar á recuperación fronte a posibles catástrofes. Os datos poden permanecer nestes sistemas durante ata 6 meses.

Do mesmo xeito que con calquera proceso de eliminación, aspectos como as tarefas de mantemento rutineiro, as suspensións temporais do servizo inesperadas, os erros ou os fallos de funcionamento dos nosos protocolos poden causar atrasos nos procesos e prazos definidos neste artigo. Dispoñemos de sistemas deseñados para detectar e solucionar estes problemas.

Seguranza, fraude e prevención de usos inadecuados

Descrición

Protexerte a ti, a outras persoas e a Google fronte a fraudes, usos inadecuados e accesos non autorizados.

Casos

Por exemplo, cando Google sospeita que alguén está cometendo fraude publicitaria.

Contabilidade financeira

Descrición

Cando Google forma parte dunha transacción financeira, tanto se fas un pago a Google como se este procesa un pago para ti. Moitas veces a retención prolongada desta información é necesaria para fins como a contabilidade, a resolución de disputas, o cumprimento de obrigas fiscais, a reversión de propiedades ao Estado, a prevención de branqueo de diñeiro e outras normativas financeiras.

Casos

Por exemplo, cando compras aplicacións desde Play Store ou produtos desde Google Store.

Cumprimento de requisitos legais ou normativos

Descrición

Cumprir coa lexislación, coa normativa, cos procesos legais ou coas esixencias gobernamentais executables e aplicables ou no caso de ter que aplicar as Condicións de servizo pertinentes, incluída a investigación de posibles infraccións.

Casos

Por exemplo, se Google recibe unha citación legal.

Garantía da continuidade dos nosos servizos

Descrición

Garantir a continuidade do servizo para ti e outros usuarios.

Casos

Por exemplo, cando compartas información con outros usuarios (como cando envías un correo electrónico a outra persoa), se a eliminas da túa conta de Google, non se eliminarán as copias que teñan os destinatarios.

Comunicacións directas con Google

Descrición

Se te comunicaches directamente con Google a través dunha canle de atención ao cliente, un formulario de comentarios ou un informe de erro, Google poderá conservar rexistros razoables desas comunicacións.

Casos

Por exemplo, cando envías comentarios desde dentro dunha aplicación de Google, como Gmail ou Drive.