Como funciona Google Voice

Google Voice almacena, procesa e conserva o historial de chamadas (incluído o número de teléfono da persoa que chama, o número de teléfono da persoa á que se chama, a data, a hora e a duración da chamada), os saúdos do contestador, as mensaxes do contestador, as mensaxes SMS (servizo de mensaxes curtas), as conversas gravadas e outros datos relacionados coas contas a fin de proporcionar o servizo.

Coa conta de Google Voice podes eliminar o historial de chamadas, os saúdos do contestador, as mensaxes do contestador (tanto o audio como as transcricións), as mensaxes SMS e as conversas gravadas; aínda que o teu historial de chamadas para as chamadas facturables poida permanecer visible na túa conta. Conservamos algunha información nos nosos servidores activos de forma temporal para a facturación ou para outros fins comerciais. Ademais, poden permanecer copias residuais nos nosos sistemas de copia de seguranza. Así mesmo, conservaranse nos nosos sistemas copias anónimas dos datos do rexistro de chamadas sen incluír información que identifique aos usuarios, a fin de cumprir cos requisitos de auditoría e elaboración de informes.