Como utiliza Google os números de tarxetas de crédito para os pagos

Google usa os números das tarxetas de crédito e de débito que nos proporciones para facilitar os pagos das compras que fas en liña ou sen conexión, incluídas as transaccións de Google Play e Google Pay, así como para reducir a fraude. O Aviso de privacidade de Google Payments detalla como utilizamos a túa información de pago e da conta, como, por exemplo, os datos que recompilamos e como os compartimos. Só compartimos información persoal con terceiros nas circunstancias descritas no Aviso de privacidade de Google Payments. Os números das tarxetas de crédito e débito que lle indiques a Google están encriptados e almacénanse en servidores seguros nun lugar protexido.