Definicións

consumidor

Persoa que utiliza servizos de Google para fins persoais non comerciais non relacionados coa súa actividade comercial, negocio ou profesión. Aquí inclúense os “consumidores” tal e como se definen no artigo 2.1 da Directiva de dereitos dos consumidores da UE. (Consulta a definición de “usuario de empresa”).

copyright

Un dereito legal que permite ao creador dunha obra orixinal (por exemplo, unha publicación de blog, foto ou vídeo) decidir se outros usuarios poden utilizar esa obra orixinal e de que maneira o poden facer, suxeito a certas limitacións e excepcións.

dereitos de propiedade intelectual

Dereitos sobre as creacións da mente humana, como invencións (dereitos de patente); obras literarias e artísticas (copyright); deseños (dereitos de deseño) e símbolos, nomes e imaxes utilizados comercialmente (marcas comerciais). Os dereitos de propiedade intelectual poden pertencerche a ti, a outra persoa ou a unha organización.

empresa vinculada

Unha entidade que pertence ao grupo de empresas de Google, é dicir, Google LLC e as súas filiais, incluídas as que fornecen servizos ao consumidor na UE, como Google Ireland Limited, Google Commerce Limited e Google Dialer Inc.

exención de responsabilidade

Declaración que limita as responsabilidades legais dun usuario.

falta de conformidade

Un concepto legal que define a diferenza entre como debe funcionar algo e como funciona realmente. Segundo a lei, o funcionamento previsto baséase na descrición que outorga o vendedor ou comerciante do artigo en cuestión, no feito de que a súa calidade e rendemento sexan satisfactorios, e na adecuación para o seu propósito habitual.

garantía

Garantía de que un produto ou servizo funcionará conforme a un determinado estándar.

garantía comercial

Unha garantía comercial é un compromiso voluntario polo que se estipula que se cumprirán certos estándares de calidade e que, se estes non se cumpren, a empresa que ofrece a garantía é responsable de reparar, substituír ou reembolsar o consumidor polos artigos defectuosos.

garantía legal

Unha garantía legal é un requisito legal polo que un vendedor ou comerciante é responsable se os seus contidos dixitais, servizos ou bens son defectuosos (é dicir, se presentan falta de conformidade).

indemnizar ou indemnización

Obriga contractual dunha persoa ou organización de compensar as perdas sufridas por outra persoa ou organización derivadas de procedementos legais, como, por exemplo, demandas.

marca

Símbolos, nomes e imaxes usados comercialmente e capaces de distinguir os artigos ou servizos dunha persoa ou organización dos doutra.

o teu contido

Cousas que creas, cargas, envías, almacenas, recibes ou compartes mediante os nosos servizos, como, por exemplo:

  • Ficheiros que creas con Documentos, Follas de cálculo e Presentacións.
  • Publicacións de blog que cargas a través de Blogger.
  • Recensións que envías a través de Maps.
  • Vídeos que almacenas en Drive.
  • Correos electrónicos que envías e recibes a través de Gmail.
  • Imaxes que compartes con amigos a través de Fotos.
  • Itinerarios de viaxes que compartes con Google.

organización

Entidade legal (por exemplo, unha corporación, unha organización sen ánimo de lucro ou unha institución educativa) e non unha persoa física.

Regulamento da UE sobre as relacións entre as plataformas e as empresas

A normativa (UE) 2019/1150 de promoción da xustiza e a transparencia para usuarios de empresa de servizos de intermediación en liña.

responsabilidade

Perdas derivadas de calquera tipo de reclamación legal, baseada en contrato, agravio (incluída a neglixencia) ou outros motivos, e independentemente de se esas perdas puidesen anticiparse ou preverse.

servizos

Os servizos de Google que están suxeitos a estas condicións son os produtos e servizos enumerados en https://policies.google.com/terms/service-specific, entre os que se inclúen:

  • aplicacións e sitios (como a Busca e Maps)
  • plataformas (como Google Shopping)
  • servizos integrados (como Maps, inseridos en aplicacións ou sitios doutras empresas)
  • dispositivos e outros bens (como Google Nest)

Moitos destes servizos tamén inclúen contido que podes emitir ou co que podes interactuar.

usuario de empresa

Persoa ou entidade distinta dun consumidor (consulta a definición de "consumidor").

Aplicacións de Google
Menú principal