Política sobre usos prohibidos da IA xenerativa

Última modificación: 17 de decembro de 2024

Os modelos de IA xenerativa poden axudarche coa exploración, a aprendizaxe e a creación. Esperamos que interactúes con eles dunha forma responsable, legal e segura. As seguintes restricións aplícanse ás túas interaccións coa IA xenerativa nos produtos e servizos de Google que fan referencia a esta política.

  1. Non leves a cabo actividades perigosas, ilegais ou que incumpran a lexislación ou os regulamentos aplicables. Dentro destas actividades inclúense a xeración ou distribución de contido que cumpre o seguinte:
    1. Está relacionado coa explotación ou o abuso sexual infantil.
    2. Facilita o terrorismo ou o extremismo violento.
    3. Facilita imaxes íntimas non consentidas.
    4. Facilita autolesións.
    5. Facilita actividades ilegais ou incumprimentos da lexislación (por exemplo, subministrando instrucións para a preparación de substancias, bens ou servizos regulados ou ilegais, ou o acceso a estes).
    6. Infrinxe os dereitos dos demais, entre os que se inclúen os de privacidade e propiedade intelectual (por exemplo, usando datos persoais ou biométricos sen o consentimento requirido pola lexislación).
    7. Fai un seguimento ás persoas sen o seu consentimento.
    8. Toma decisións automatizadas que prexudican os dereitos individuais sen supervisión humana en ámbitos de alto risco (por exemplo, en materia de emprego, atención sanitaria, finanzas, legalidade, vivenda, seguros ou asistencia social).
  2. Non poñas en risco a seguranza doutras persoas nin dos servizos de Google. Por exemplo, non xeres nin distribúas contido que facilite o seguinte:
    1. Spam, phishing ou software malicioso.
    2. Uso inadecuado da infraestrutura ou dos servizos de Google ou de terceiros, ou ben danos, interferencias ou interrupcións neles.
    3. Elusión das proteccións contra o uso inadecuado ou dos filtros de seguranza (por exemplo, manipulando o modelo para infrinxir as nosas políticas).
  3. Non leves a cabo actividades sexualmente explícitas, violentas, que inciten ao odio nin daniñas. Por exemplo, non xeres nin distribúas contido que facilite o seguinte:
    1. Odio ou incitación ao odio.
    2. Acoso, intimidación, amedrentamento, abuso ou insultos contra outras persoas.
    3. Violencia ou incitación a ela.
    4. Contido sexualmente explícito (por exemplo, o creado con fins pornográficos ou para provocar pracer sexual).
  4. Non leves a cabo actividades relacionadas con información falsa, falseamento de datos ou o engano. Exemplos:
    1. Fraudes, estafas ou outras accións enganosas.
    2. Suplantación da identidade dunha persoa (viva ou morta) sen unha advertencia explícita ao respecto, co obxecto de enganar.
    3. Declaracións enganosas conforme se posúen determinados coñecementos ou capacidades en eidos delicados (por exemplo, no ámbito sanitario, financeiro, legal ou de servizos públicos) co obxectivo de enganar.
    4. Declaracións enganosas relacionadas con procesos gobernamentais ou democráticos ou prácticas sanitarias daniñas co obxectivo de enganar.
    5. Falseamento da información sobre a procedencia do contido xerado, coa intención de enganar outras persoas, afirmando que foi creado só por humanos.

Podemos facer excepcións a estas políticas atendendo a consideracións educativas, documentais, científicas ou artísticas, ou ben se para o público os beneficios son moi superiores aos danos.
Aplicacións de Google
Menú principal