Condicións de servizo de Google

En vigor a partir do 5 de xaneiro de 2022 | Versións arquivadas | Descargar en PDF

Versión específica para o país: Chequia

O 22 de maio de 2024 actualizaremos as nosas Condicións de servizo para que che resulte máis fácil entender o que podes esperar de Google (e o que esperamos de ti) mentres usas os nosos servizos. Ata ese momento, as Condicións indicadas máis abaixo seguirán sendo de aplicación.

Aspectos que se tratan nestas condicións

Sabemos que resulta tentador pasar de ler estas Condicións de servizo, pero é importante que saibas o que podes esperar de nós cando utilizas os servizos de Google e o que nós esperamos de ti.

Estas Condicións de servizo reflicten o modo en que funciona Google, as leis que se aplican á nosa compañía e determinados aspectos que para nós sempre foron certos. Como resultado, as condicións mencionadas axudan a definir a relación de Google contigo mentres interactúas cos nosos servizos. Por exemplo, estas condicións inclúen as seguintes seccións:

Resulta importante entender estas condicións porque debes aceptalas para poder usar os nosos servizos.

Ademais destas condicións, tamén publicamos unha Política de privacidade. Aínda que non forma parte destas condicións, recomendámosche que a leas para entender mellor como actualizar, xestionar, exportar e eliminar a túa información.

Condicións

Fornecedor de servizo

No Espazo Económico Europeo (EEE) e en Suíza, os servizos de Google serán fornecidos e contrataranse a través de:

Google Ireland Limited
empresa constituída e rexida pola lexislación de Irlanda
(Registration Number: 368047/Número de IVE: IE6388047V)

Gordon House, Barrow Street
Dublín 4
Irlanda

Requisitos de idade

Se es menor da idade necesaria para xestionar a túa propia Conta de Google, deberás dispoñer do permiso do teu pai, da túa nai ou do teu titor legal para poder utilizar unha Conta de Google. Fai que un deles lea estas condicións contigo.

Se es un pai ou nai ou un titor legal e permites ao teu fillo ou filla utilizar os servizos, estas condicións aplicaranse ao teu caso e serás responsable da actividade do teu fillo nos servizos.

Algúns servizos de Google teñen requisitos de idade adicionais, tal e como se describe nas condicións e políticas específicas do servizo.

A túa relación con Google

Estas condicións axudan a definir a relación entre ti e Google. En termos xerais, fornecémosche permiso para utilizar os nosos servizos se aceptas respectar estas condicións, nas que se reflicte o modo en que funciona a empresa Google e como gañamos diñeiro. Cando falamos de “Google”, “nós” e “o noso" ou "a nosa”, facemos referencia a Google Ireland Limited e as empresas vinculadas.

Que podes esperar de nós

Ofrecer unha ampla gama de servizos útiles

Ofrecemos unha ampla gama de servizos que están suxeitos a estas condicións, entre os que se inclúen:
  • aplicacións e sitios (como a Busca e Maps)
  • plataformas (como Google Shopping)
  • servizos integrados (como Maps, inseridos en aplicacións ou sitios doutras empresas)
  • dispositivos (como Google Nest)

Moitos destes servizos tamén inclúen contido que podes emitir ou co que podes interactuar.

Os nosos servizos están deseñados para funcionar conxuntamente, facendo que che resulte máis fácil pasar dunha actividade a outra. Por exemplo, se un evento de Calendar inclúe un enderezo, podes facer clic nese enderezo e Maps pode amosarche como chegar.

Desenvolver, mellorar e actualizar servizos de Google

Aínda que empregamos unha definición ampla de “servizos” nas presentes condicións tal e como se describiu anteriormente, a lexislación aplicable fai distincións entre “contidos dixitais”, “servizos” e “bens” en determinadas situacións. Por iso usamos os termos máis específicos nesta sección e na que se denomina Garantía legal.

Desenvolvemos constantemente novas tecnoloxías e funcións para mellorar os nosos servizos. Por exemplo, utilizamos intelixencia artificial e aprendizaxe mecánica para ofrecerche traducións simultáneas, así como para detectar e bloquear mellor o spam e o software malicioso.

Como parte da evolución continua dos nosos contidos dixitais, servizos e bens, realizamos modificacións como engadir ou eliminar funcións e funcionalidades, aumentar ou diminuír os límites de uso e ofrecer novos contidos dixitais ou servizos, ou ben suspender os antigos. Tamén podemos cambiar os nosos contidos dixitais ou servizos por estes outros motivos:

  • para adaptarnos ás novas tecnoloxías
  • para reflectir incrementos ou diminucións no número de persoas que utilizan un servizo determinado
  • para responder a cambios importantes nas licenzas e asociacións que temos con outras persoas
  • para evitar usos inadecuados ou danos
  • para tratar problemas legais, regulamentarios ou de seguranza

En particular, ás veces realizamos actualizacións requiridas legalmente, que son modificacións que manteñen os contidos dixitais, os servizos ou os bens de conformidade coa lei. Realizamos estas actualizacións nos nosos contidos dixitais, nos servizos e nos bens por motivos de seguranza e para asegurarnos de que cumpren os estándares de calidade que esperas, como os que se describen na sección Garantía legal. Podemos instalar automaticamente actualizacións que traten riscos de seguranza importantes. No caso doutras actualizacións, tes a posibilidade de escoller se queres que se instalen.

Google dispón dun rigoroso programa de investigación de produtos, polo que antes de cambiar un servizo ou deixar de ofrecelo, consideramos detidamente os teus intereses como usuario, as túas expectativas razoables e o posible impacto sobre ti e outras persoas. Só cambiamos os servizos ou deixamos de ofrecelos por motivos válidos.

Se unha modificación afecta negativamente á túa capacidade de acceso ou uso dos nosos contidos dixitais ou servizos, ou ben se deixamos de ofrecer un servizo por completo, proporcionarémosche un aviso con antelación razoable por correo electrónico. Nel incluirase unha descrición dos cambios, indicarase cando terán lugar e mencionarase o teu dereito a finalizar a relación contractual que tes connosco se as nosas modificacións supoñen algo máis que un impacto negativo menor. Consideraranse excepcións as situacións de urxencia que teñan como finalidade evitar usos inadecuados ou danos, responder a requisitos legais ou solucionar problemas de seguranza e operatividade. Tamén che daremos a oportunidade de exportar o contido da túa Conta de Google mediante Google Takeout, suxeito ás políticas e lexislacións aplicables.

Que esperamos de ti

Seguir estas condicións e as condicións adicionais específicas do servizo

O permiso que che outorgamos para utilizar os nosos servizos continuará en vigor mentres cumpras co seguinte:

Tamén che facilitamos varias políticas, centros de axuda e outros recursos para responder preguntas comúns e para establecer as expectativas sobre o uso dos nosos servizos. Entre estes recursos inclúense a nosa Política de privacidade, o Centro de axuda sobre copyright, o Centro de seguranza e outras páxinas ás que se pode acceder desde o noso sitio de políticas.

Aínda que che damos permiso para utilizar os nosos servizos, manteremos os dereitos de propiedade intelectual sobre eles.

Respectar os demais

Google quere manter un ambiente respectuoso para todos, o cal implica que debes seguir estas regras de conduta básicas:
  • Cumprir coas leis aplicables, incluídos o control das exportacións, as sancións e as leis de tráfico de persoas.
  • Respectar os dereitos dos demais, incluídos os de privacidade e propiedade intelectual.
  • Non abusar doutras persoas nin danalas a elas nin a ti mesmo (ou ameazar e fomentar estes abusos ou danos); por exemplo, enganando, defraudando, suplantando a identidade ilegalmente, difamando, intimidando, acosando ou perseguindo outras persoas.
  • Non usar inadecuadamente, danar ou interromper os servizos, nin tampouco interferir neles (por exemplo, accedendo a eles ou empregándoos de forma fraudulenta ou enganosa, introducindo software malicioso ou spam, pirateando ou ignorando os nosos sistemas ou medidas de protección). Cando indexamos a Web para obter resultados de busca, respectamos as restricións de uso estándar que os propietarios de sitios web especifican no código dos seus sitios, polo que requirimos o mesmo cando outras persoas usan os nosos servizos

As nosas políticas e condicións adicionais específicas do servizo, que todos os usuarios dos servizos deben cumprir, ofrecen máis detalles acerca das condutas adecuadas. Se detectas que outros usuarios non están cumprindo estas normas, moitos dos nosos servizos permitiranche informar dun uso inadecuado. Se tomamos medidas fronte a un informe de uso inadecuado, tamén ofrecemos o proceso que se describe na sección Toma de medidas en caso de problemas.

Permiso para utilizar o teu contido

Algúns dos nosos servizos están deseñados para permitirche cargar, almacenar, enviar, recibir ou compartir o teu contido. Non tes obriga ningunha de fornecer ningún contido aos nosos servizos e es libre de escoller o contido que queres fornecer. Se escolles cargar ou compartir contidos, asegúrate de dispoñer dos dereitos necesarios para facelo e de que os contidos sexan legais.

Licenza

O teu contido continuará sendo teu, o cal significa que conservarás todos os dereitos de propiedade intelectual sobre el. Por exemplo, se tes dereitos de propiedade intelectual sobre o contido creativo creado por ti, como as recensións que escribes. Tamén podes ter dereito a compartir o contido creativo doutro usuario se che concedeu permiso.

Precisaremos que nos concedas o teu permiso se os teus dereitos de propiedade intelectual restrinxen o noso uso do teu contido. Outorgarás ese permiso a Google a través desta licenza.

Que aspectos están cubertos

Esta licenza afecta ao teu contido se este está protexido por dereitos de propiedade intelectual.

Que aspectos non están cubertos

  • Esta licenza non afecta aos teus dereitos de protección de datos (só afecta aos teus dereitos de propiedade intelectual).
  • Esta licenza non cubre os seguintes tipos de contidos:
    • A información baseada en feitos dispoñible publicamente e fornecida por ti, como as correccións no enderezo dun negocio local. Esa información non require unha licenza porque se considera coñecemento común que todos os usuarios poden utilizar.
    • Os comentarios que envíes, como, por exemplo, suxestións para mellorar os nosos servizos. Os comentarios trátanse máis adiante, na sección Comunicacións relacionadas co servizo.

Alcance

Esta licenza defínese como:
  • Mundial, o cal significa que é válida en calquera lugar do mundo.
  • Non exclusiva, o cal quere dicir que podes outorgar licenza sobre o teu contido a outros usuarios.
  • Sen dereitos de autor, o cal significa que non se debe pagar ningunha cantidade por esta licenza.

Dereitos

Esta licenza permítelle a Google:

  • Aloxar, reproducir, distribuír, comunicar e utilizar o teu contido (por exemplo, para gardar o contido nos nosos sistemas e poder acceder a el desde calquera lugar).
  • Publicar, executar ou mostrar publicamente o teu contido se o estableciches como visible para os demais.
  • Modificar o teu contido, cambiándolle o formato ou traducíndoo.
  • Asignar sublicenzas destes dereitos a:
    • Outros usuarios, a fin de permitir aos servizos funcionar do modo para o que foron deseñados, permitíndoche compartir fotos coas persoas que escollas.
    • Os nosos contratistas, que asinaron contratos connosco que cumpren con estas condicións, só para os fins descritos a continuación na sección Obxectivo.

Obxectivo

O obxectivo desta licenza limítase a:

  • Xestionar e mellorar os servizos, o cal implica permitir a estes funcionar da maneira para a que foron deseñados e crear funcións e funcionalidades novas. Aquí inclúese o uso de sistemas automatizados e algoritmos para analizar o teu contido:
    • En busca de spam, software malicioso e contido ilegal.
    • Para recoñecer padróns en datos, como, por exemplo, para determinar cando suxerir un novo álbum en Google Fotos a fin de gardar xuntas as fotos relacionadas.
    • Para personalizar os nosos servizos, como, por exemplo, fornecendo recomendacións e resultados da busca, contidos e anuncios personalizados (opción que podes cambiar ou desactivar en Configuración de anuncios).
    Esta análise prodúcese cando se envía, recibe ou almacena o contido.
  • Utilizar contidos compartidos publicamente para promover os servizos. Por exemplo, para promover unha aplicación de Google podemos citar unha recensión escrita por ti. Ademais, para promover Google Play, podemos mostrar unha captura de pantalla da aplicación que ofreces en Play Store.
  • Desenvolver novas tecnoloxías e servizos para Google de conformidade con estas condicións.

Duración

Esta licenza durará mentres o teu contido estea protexido por dereitos de propiedade intelectual.

Se eliminas calquera contido cuberto por esta licenza dos nosos servizos, os nosos sistemas deixarán de ofrecer ese contido publicamente nun prazo de tempo razoable. Hai dúas excepcións:

  • Se xa compartiches o teu contido con outros usuarios antes de eliminalo. Por exemplo, se compartiches unha foto cun amigo que, a continuación, realizou unha copia desta ou a compartiu de novo, esa foto poder continuar aparecendo na Conta de Google do teu amigo aínda que a elimines da túa.
  • Se publicas os teus contidos a través dos servizos doutras empresas, os motores de busca, incluída a Busca de Google, poden continuar buscando e amosando o teu contido como parte dos seus resultados de busca.

Uso dos servizos de Google

A túa conta de Google

Se cumpres este requisito de idade, poderás crear unha Conta de Google. Algúns servizos requiren que teñas unha Conta de Google para poder usalos (por exemplo, se queres utilizar Gmail, precisas ter unha Conta de Google para ter un lugar ao que enviar e recibir o correo electrónico).

Es responsable da túa actividade coa Conta de Google, o que inclúe levar a cabo as medidas necesarias para protexela, e recomendámosche que utilices a Revisión de seguranza con regularidade.

Uso dos servizos de Google en nome dunha organización ou empresa

Moitas organizacións, como empresas, organizacións sen ánimo de lucro e escolas, benefícianse dos nosos servizos. Para utilizar os nosos servizos en nome dunha organización:
  • Un representante autorizado desa organización deberá aceptar estas condicións.
  • O administrador da túa organización pode asignarche unha Conta de Google. Ese administrador pode esixirche cumprir normas adicionais e pode desactivar a túa Conta de Google ou acceder a ela.
Se vives na Unión Europea, estas condicións non afectarán aos dereitos que poidas ter como usuario de empresa de servizos de intermediación en liña (incluídas plataformas en liña como Google Play) conforme ao regulamento da UE sobre as relacións entre as plataformas e as empresas.

Comunicacións relacionadas cos servizos

Para ofrecerche os nosos servizos, en ocasións enviarémosche notificacións de servizo e outra información. Para obter máis información sobre como nos comunicaremos contigo, consulta a Política de privacidade de Google.

Se escolles enviarnos comentarios, como, por exemplo, suxestións de mellora dos nosos servizos, podemos usalos sen que iso supoña unha obriga cara a ti.

Contido dos servizos de Google

O teu contido

Algúns dos nosos servizos ofrécenche a oportunidade de mostrar o teu contido publicamente (por exemplo, podes publicar unha recensión dun produto ou dun restaurante escrita por ti ou podes cargar unha publicación de blog creada por ti).

Se cres que alguén está infrinxindo os teus dereitos de propiedade intelectual, podes enviarnos un aviso da infracción e tomaremos as medidas correspondentes. Por exemplo, suspenderemos ou pecharemos as Contas de Google dos infractores do copyright reincidentes, tal e como se describe no noso Centro de axuda sobre copyright.

Contido de Google

Algúns dos nosos servizos inclúen contido pertencente a Google (por exemplo, gran parte das ilustracións visuais que se ven en Google Maps). Podes utilizar o contido de Google do xeito permitido por estas condicións e as condicións adicionais específicas do servizo, pero Google conservará os dereitos de propiedade intelectual que teña sobre o contido. Non retires, ocultes nin modifiques as marcas, logotipos ou avisos legais. Se queres utilizar as nosas marcas ou logotipos, consulta a páxina Permisos da marca de Google.

Outros contidos

Finalmente, algúns dos nosos servizos proporciónanche acceso a contidos que pertencen a outras persoas ou organizacións (por exemplo, á descrición do propietario dunha tenda do seu propio negocio ou a un artigo de xornal mostrado en Google News). Non poderás utilizar este contido sen o permiso desa persoa ou organización, ou se non o permite a lexislación. As opinións expresadas no contido doutras persoas ou organizacións pertencen a estes e non reflicten necesariamente as opinións de Google.

Software nos servizos de Google

Algúns dos nosos servizos inclúen software que se pode descargar. Dámosche permiso para utilizar ese software como parte dos servizos.

Esta licenza que che proporcionamos defínese como:
  • Mundial, o cal significa que é válida en calquera lugar do mundo.
  • Non exclusiva, o cal significa que podemos outorgar licenza sobre o software a outros usuarios.
  • Sen dereitos de autor, o cal significa que non se debe pagar ningunha cantidade por esta licenza.
  • Persoal, o cal quere dicir que non é extensible a ninguén máis.
  • Non cedible, o cal quere dicir que non podes ceder a licenza a ninguén máis.

Algúns dos nosos servizos inclúen software ofrecido con condicións de licenza de código aberto que che facilitamos. En ocasións, existen disposicións na licenza de código aberto que anulan explicitamente partes destas condicións. Polo tanto, asegúrate de ler esas licenzas.

Non se pode copiar, modificar, distribuír, vender ou arrendar ningunha parte dos nosos servizos ou software.

En caso de que se produzan problemas ou desacordos

Tanto a lei como estas condicións danche dereito a (1) unha certa calidade de servizo e a (2) dispoñer de opcións para solucionar problemas se as cousas van mal. Se es un consumidor, gozas de todos os dereitos legais concedidos aos consumidores segundo a lexislación aplicable, así como de calquera dereito adicional outorgado baixo estas condicións ou as condicións adicionais específicas do servizo.

Garantía legal

Se es un consumidor que reside no EEE e aceptaches as nosas Condicións de servizo, dispós dunha garantía legal outorgada pola lexislación dos consumidores do EEE que abarca o contido dixital, os servizos ou os bens que che ofrecemos. Baixo esta garantía, somos responsables de calquera falta de conformidade que detectes:

  • no prazo de dous anos desde a entrega dos bens (como un teléfono) ou a subministración única de contidos dixitais ou servizos (como a compra dunha película)
  • en calquera momento durante a subministración “continua” de contidos dixitais ou servizos (como Maps ou Gmail)

A túa lexislación nacional pode ofrecer unha garantía incluso superior. Os teus dereitos outorgados baixo estas garantías legais non están limitados por ningunha outra garantía comercial que outorguemos. Se queres facer unha reclamación da garantía, non dubides en contactar connosco.

Responsabilidades

Para todos os usuarios

Estas condicións só limitan as nosas responsabilidades do xeito permitido pola lexislación aplicable. Estas condicións non limitan a responsabilidade por fraude, falseamento de información, morte ou lesión persoal por causa de neglixencia ou conduta indebida deliberada.

Ademais das responsabilidades descritas anteriormente, Google só é responsable dos incumprimentos destas condicións ou das condicións adicionais específicas do servizo, suxeito á lexislación aplicable.

Só para usuarios de empresa e organizacións

Se es un usuario de empresa ou unha organización:

  • Deberás indemnizar, na medida permitida pola lexislación aplicable, a Google e os seus directores, directivos, empregados e contratistas polos procedementos legais de terceiros (incluídas accións emprendidas por autoridades gobernamentais) que xurdan ou se deriven de facer un uso ilegal dos servizos ou de infrinxir estas condicións ou outras condicións adicionais específicas do servizo. Esta indemnización cubrirá calquera responsabilidade ou gasto derivado de reclamacións, danos e perdas, sentenzas, multas, custas procesuais e honorarios por servizos legais.
  • Se estás legalmente exento de determinadas responsabilidades, incluída a indemnización, estas non se che aplicarán de acordo con estas condicións. Por exemplo, as Nacións Unidas gozan de determinadas exencións de obrigas legais e estas condicións non anularán as devanditas exencións.
  • Google non terá as seguintes responsabilidades:
    • perda de beneficios, ingresos, oportunidades empresariais, reputación ou previsión de aforros
    • perdas indirectas ou resultantes
    • danos punitivos
  • A responsabilidade total de Google relacionada con estas condicións ou derivada delas está limitada como máximo a (1) 500 € ou ao (2) 125 % das tarifas que pagases para utilizar os servizos correspondentes nos 12 meses anteriores á infracción.

Toma de medidas en caso de problemas

Antes de tomar as medidas descritas a continuación, enviarémosche un aviso cunha antelación razoable no que se describirá o motivo da nosa medida e ofrecerémosche a oportunidade de corrixir o problema, a non ser que consideremos que deste xeito as consecuencias serán as seguintes:

  • Provocar danos ou a derivación de responsabilidades a un usuario, un terceiro ou a Google.
  • Infrinxir a lei ou a orde dunha autoridade legal.
  • Poñer en perigo unha investigación.
  • Poñer en risco o funcionamento, a integridade ou a seguranza dos nosos servizos.

Eliminación do teu contido

Se temos motivos razoables para crer que o teu contido (1) infrinxe estas condicións, as condicións ou políticas adicionais específicas do servizo, (2) infrinxe a lexislación aplicable ou (3) pode danar os nosos usuarios, terceiros ou a Google, reservamos o dereito de retirar o contido na súa totalidade ou en parte de acordo coa lexislación aplicable. Como exemplos inclúense a pornografía infantil, contidos que facilitan o tráfico de persoas ou o acoso, contidos relacionados co terrorismo e os que infrinxen os dereitos de propiedade intelectual doutras persoas.

Suspensión ou cancelación do teu acceso aos servizos de Google

Google reserva o dereito a suspender ou cancelar o teu acceso aos servizos ou eliminar a túa Conta de Google se sucede algo do indicado a continuación:

  • Se cometes unha infracción importante ou repetida destas condicións, as condicións adicionais específicas do servizo ou as políticas
  • Estamos obrigados a facelo para cumprir cun requirimento legal ou unha orde xudicial.
  • Temos motivos razoables para crer que a túa conduta ocasiona danos ou a aplicación de responsabilidades a un usuario, terceiro ou Google (por exemplo, ao piratear, realizar phishing, acosar, enviar spam, enganar outros usuarios ou acceder a contidos que non che pertenzan).

Para obter máis información sobre por que desactivamos as contas e o que ocorre cando o facemos, consulta esta páxina do Centro de Axuda. Se cres que a túa Conta de Google se suspendeu ou cancelou debido a un erro, podes presentar unha apelación.

Por suposto, sempre terás a liberdade de deixar de utilizar os nosos servizos cando queiras. Se es un consumidor que reside no EEE, tamén podes renunciar a estas condicións no prazo dos 14 días seguintes á súa aceptación. Se deixas de utilizar un servizo, gustaríanos saber os motivos para poder continuar mellorándoo.

Xestión de solicitudes relacionadas cos teus datos

O respecto pola privacidade e a seguranza dos teus datos é a base do noso enfoque á hora de responder ás solicitudes de revelación de datos. Cando recibimos solicitudes de revelación de datos, o noso equipo revísaas para asegurarse de que cumpren cos requisitos legais e coas políticas de revelación de datos de Google. Google Ireland Limited revelará os datos e accederá a eles, mesmo ás comunicacións, de conformidade coas leis de Irlanda e as da UE aplicables en Irlanda. Para obter máis información acerca das solicitudes de revelación de datos que Google recibe en todo o mundo e sobre como respondemos a elas, consulta o noso informe de transparencia e a Política de privacidade.

Resolución de disputas, lexislación aplicable e tribunais

Para obter máis información sobre como poñerte en contacto con Google, accede á páxina de contacto.

Se es residente dun país do Espazo Económico Europeo (EEE) ou Suíza, ou unha organización con sede nalgún destes países, estas condicións, a túa relación con Google conforme a elas e as condicións adicionais específicas do servizo estarán rexidas polas leis do teu país de residencia e poderás presentar disputas legais nos tribunais locais. Se es un consumidor que reside no EEE, podes contactar connosco para resolver os problemas directamente. A Comisión Europea tamén ofrece unha plataforma de resolución de litixios en liña, pero Google non ten a obriga legal de usar esta nin outras plataformas alternativas de resolución de litixios.

Acerca destas condicións

Por lei tes determinados dereitos que non se poden limitar por un contrato como estas condicións de servizo. Estas condicións non están destinadas de maneira ningunha a restrinxir eses dereitos.

Estas condicións describen a relación entre ti e Google. Non crean ningún dereito legal para outras persoas ou organizacións, aínda que estas se beneficien desa relación rexida por estas condicións.

Queremos conseguir que estas condicións resulten fáciles de entender, polo que utilizamos exemplos dos nosos servizos. Pero é posible que non todos os servizos mencionados estean dispoñibles no teu país.

No caso de que unha condición determinada non sexa válida ou de obrigado cumprimento, o resto de condicións non se verán afectadas.

Se non cumpres estas condicións ou as condicións adicionais específicas do servizo e non tomamos ningunha medida de forma inmediata, non se interpretará que Google renuncia aos dereitos dos que poida dispoñer, como, por exemplo, levar a cabo accións no futuro.

Podemos actualizar estas condicións e as condicións adicionais específicas do servizo (1) para reflectir os cambios nos nosos servizos ou o modo en que facemos negocios (por exemplo: cando engadimos novos servizos, funcións, tecnoloxías, prezos e vantaxes ou ben eliminamos os antigos), (2) por motivos legais, normativos ou de seguranza, ou (3) para evitar usos inadecuados ou danos.

Se cambiamos substancialmente estas condicións ou as condicións adicionais específicas do servizo, enviarémosche un aviso cunha antelación razoable e terás a oportunidade de revisar os cambios, excepto (1) cando lancemos unha función ou un servizo novo ou (2) en situacións de urxencia; por exemplo, para evitar usos inadecuados continuados ou para responder a requisitos legais. Se non estás de acordo coas novas condicións, deberás eliminar o teu contido e deixar de usar os servizos. Tamén podes finalizar a túa relación connosco cando queiras. Tan só tes que pechar a túa Conta de Google.

Instrucións para o EEE sobre a desistencia

Se es un consumidor que reside no EEE, a partir do 28 de maio de 2022, a lexislación sobre consumidores do EEE outorgarache o dereito de renunciar a este contrato como se describe no modelo de instrucións da Unión Europea en relación coa desistencia, que se ofrece a continuación.

Dereito de desistencia

Tes dereito a renunciar a este contrato nun prazo de 14 días sen explicar o motivo.

Disporás dun período de desistencia de 14 días a partir da data de celebración do contrato.

Para exercer o dereito de desistencia, debes informarnos da túa decisión de renunciar a este contrato mediante unha declaración inequívoca (por exemplo, unha carta enviada por correo postal ou electrónico). Podes contactar connosco por correo electrónico no enderezo account-withdrawal@google.com; por teléfono no +353 1 533 9837 (consulta a continuación os números de teléfono específicos de cada país); ou mediante correo postal enviado a Google Ireland Limited, Gordon House, Barrow Street, Dublín 4, Irlanda. Podes usar o modelo de formulario de desistencia anexo, pero non é obrigatorio. Tamén podes completar e enviar de forma electrónica o modelo de formulario de desistencia ou calquera outra declaración inequívoca a través do noso sitio web (g.co/EEAWithdrawalForm). Se usas esta opción, comunicarémosche sen demora nun soporte duradeiro (por exemplo, por correo electrónico) a recepción da desistencia.

Para cumprir co prazo de desistencia, será suficiente con que envíes unha comunicación relacionada co exercicio do teu dereito de desistencia antes de que pase o período correspondente.

Efectos da desistencia

Se renuncias a este contrato, reembolsarémosche todos os pagos que recibimos pola túa banda, incluídos os custos de entrega (con excepción dos custos suplementarios resultantes da elección dun tipo de entrega diferente da entrega estándar máis barata que ofrecemos), sen demora indebida e, en calquera caso, non máis tarde de 14 días a partir do día en que se nos informe sobre a túa decisión de renunciar a este contrato. Levaremos a cabo o devandito reembolso mediante os mesmos métodos de pago que se usaron para a transacción inicial, a non ser que acordases expresamente o contrario; en calquera caso, non deberás pagar ningunha taxa derivada do mencionado reembolso.

Modelo de formulario de desistencia

(completa e devolve este formulario só se desexas renunciar ao contrato)

— Á atención de Google Ireland Limited, Gordon House, Barrow Street, Dublín 4, Irlanda, account-withdrawal@google.com:

— Pola presente, notifico que renuncio ao meu contrato de venda para a prestación do seguinte servizo: _____________

— Pedido o: _____________

— Nome do consumidor: _____________

— Enderezo do consumidor: _____________

— Sinatura do consumidor (só se o presente formulario se presenta en papel): _____________

— Data: _____________

Contacta con Google para renunciar ás presentes condicións

PaísNúmero de teléfono
Austria0800 001180
Illas Åland0800 526683
Bélxica0800 58 142
Bulgaria0800 14 744
Illas Canarias+34 912 15 86 27
Ceuta e Melilla+34 912 15 86 27
Croacia0800 787 086
Chipre80 092492
Chequia800 720 070
Dinamarca80 40 01 11
Estonia8002 643
Finlandia0800 520030
Francia0 805 98 03 38
Güiana Francesa0805 98 03 38
A Polinesia Francesa+33 1 85 14 96 65
Territorios Austrais Franceses+33 1 85 14 96 65
Alemaña0800 6270502
Grecia21 1180 9433
Guadalupe0805 98 03 38
Hungría06 80 200 148
Islandia800 4177
Irlanda1800 832 663
Italia800 598 905
Letonia80 205 391
Liechtenstein0800 566 814
Lituania0 800 00 163
Luxemburgo800 40 005
Malta8006 2257
Martinica0805 98 03 38
Mayotte+33 1 85 14 96 65
Países Baixos0800 3600010
Nova Caledonia+33 1 85 14 96 65
Noruega800 62 068
Polonia800 410 575
Portugal808 203 430
Reunión0805 98 03 38
Romanía0800 672 350
Eslovaquia0800 500 932
Eslovenia080 688882
España900 906 451
Saint Barthélemy+33 1 85 14 96 65
Saint Martin+33 1 85 14 96 65
Saint Pierre et Miquelon+33 1 85 14 96 65
Svalbard e Jan Mayen800 62 425
Suecia020-012 52 41
Cidade do Vaticano800 599 102
Wallis e Futuna+33 1 85 14 96 65

Definicións

consumidor

Persoa que utiliza servizos de Google para fins persoais non comerciais non relacionados coa súa actividade comercial, negocio ou profesión. Aquí inclúense os “consumidores” tal e como se definen no artigo 2.1 da Directiva de dereitos dos consumidores da UE. (Consulta a definición de “usuario de empresa”).

Un dereito legal que permite ao creador dunha obra orixinal (por exemplo, unha publicación de blog, foto ou vídeo) decidir se outros usuarios poden utilizar esa obra orixinal e de que maneira o poden facer, suxeito a certas limitacións e excepcións.

dereitos de propiedade intelectual

Dereitos sobre as creacións da mente humana, como invencións (dereitos de patente); obras literarias e artísticas (copyright); deseños (dereitos de deseño) e símbolos, nomes e imaxes utilizados comercialmente (marcas comerciais). Os dereitos de propiedade intelectual poden pertencerche a ti, a outra persoa ou a unha organización.

empresa vinculada

Unha entidade que pertence ao grupo de empresas de Google, é dicir, Google LLC e as súas filiais, incluídas as que fornecen servizos ao consumidor na UE, como Google Ireland Limited, Google Commerce Limited e Google Dialer Inc.

exención de responsabilidade

Declaración que limita as responsabilidades legais dun usuario.

falta de conformidade

Un concepto legal que define a diferenza entre como debe funcionar algo e como funciona realmente. Segundo a lei, o funcionamento previsto baséase na descrición que outorga o vendedor ou comerciante do artigo en cuestión, no feito de que a súa calidade e rendemento sexan satisfactorios, e na adecuación para o seu propósito habitual.

garantía

Garantía de que un produto ou servizo funcionará conforme a un determinado estándar.

garantía comercial

Unha garantía comercial é un compromiso voluntario polo que se estipula que se cumprirán certos estándares de calidade e que, se estes non se cumpren, a empresa que ofrece a garantía é responsable de reparar, substituír ou reembolsar o consumidor polos artigos defectuosos.

Unha garantía legal é un requisito legal polo que un vendedor ou comerciante é responsable se os seus contidos dixitais, servizos ou bens son defectuosos (é dicir, se presentan falta de conformidade).

indemnizar ou indemnización

Obriga contractual dunha persoa ou organización de compensar as perdas sufridas por outra persoa ou organización derivadas de procedementos legais, como, por exemplo, demandas.

marca

Símbolos, nomes e imaxes usados comercialmente e capaces de distinguir os artigos ou servizos dunha persoa ou organización dos doutra.

o teu contido

Cousas que creas, cargas, envías, almacenas, recibes ou compartes mediante os nosos servizos, como, por exemplo:

  • Ficheiros que creas con Documentos, Follas de cálculo e Presentacións.
  • Publicacións de blog que cargas a través de Blogger.
  • Recensións que envías a través de Maps.
  • Vídeos que almacenas en Drive.
  • Correos electrónicos que envías e recibes a través de Gmail.
  • Imaxes que compartes con amigos a través de Fotos.
  • Itinerarios de viaxes que compartes con Google.

organización

Entidade legal (por exemplo, unha corporación, unha organización sen ánimo de lucro ou unha institución educativa) e non unha persoa física.

Regulamento da UE sobre as relacións entre as plataformas e as empresas

A normativa (UE) 2019/1150 de promoción da xustiza e a transparencia para usuarios de empresa de servizos de intermediación en liña.

responsabilidade

Perdas derivadas de calquera tipo de reclamación legal, baseada en contrato, agravio (incluída a neglixencia) ou outros motivos, e independentemente de se esas perdas puidesen anticiparse ou preverse.

servizos

Os servizos de Google que están suxeitos a estas condicións son os produtos e servizos enumerados en https://policies.google.com/terms/service-specific, entre os que se inclúen:

  • aplicacións e sitios (como a Busca e Maps)
  • plataformas (como Google Shopping)
  • servizos integrados (como Maps, inseridos en aplicacións ou sitios doutras empresas)
  • dispositivos e outros bens (como Google Nest)

Moitos destes servizos tamén inclúen contido que podes emitir ou co que podes interactuar.

usuario de empresa

Persoa ou entidade distinta dun consumidor (consulta a definición de "consumidor").

versión específica para o país

Se tes unha Conta de Google, asociámola a un país (ou territorio) para poder determinar:

  • A empresa vinculada a Google que che ofrece os servizos e que procesa a túa información ao usalos.
  • A versión das condicións que rexen a nosa relación.

Cando teñas a sesión pechada, a versión específica para o teu país determinarase segundo a localización onde esteas usando os servizos de Google. Se tes unha conta, podes iniciar sesión e ver estas condicións para comprobar o país asociado a elas.

Aplicacións de Google
Menú principal