Informe de transparencia sobre o acceso aos datos e a súa eliminación

Tal e como se indica na Política de privacidade de Google e no Centro de Axuda de privacidade, ofrecemos varias ferramentas para que os usuarios poidan actualizar a súa información, xestionala, acceder a ela, exportala e eliminala, así como controlar a súa privacidade nos servizos de Google. Concretamente, cada ano millóns de usuarios nos EUA utilizan a función de Google Descargar os teus datos ou eliminan parte dos seus datos coa función A miña actividade de Google. Estas ferramentas permiten que os usuarios escollan os tipos específicos de datos dos servizos de Google que queren revisar, descargar ou eliminar con solicitudes que se procesan automaticamente. Ademais, os usuarios poden contactar con Google para exercer os seus dereitos de conformidade coa lexislación específica relativa á privacidade, como pode ser a lei californiana de privacidade do consumidor (CCPA).

A seguinte táboa proporciona máis información sobre o uso destas ferramentas e os medios de contacto no 2021:

Tipo de solicitudeNúmero de solicitudesSolicitudes completadas de forma total ou parcialSolicitudes denegadas***Tempo medio que se tardou en responder
Uso de Descargar os teus datos*Aproximadamente 3,9 millónsAproximadamente 3,9 millónsN/D (solicitudes procesadas automaticamente)Menos de 1 día (solicitudes procesadas automaticamente)
Uso de eliminación de A miña actividade*Aproximadamente 18,9 millónsAproximadamente 18,9 millónsN/D (solicitudes procesadas automaticamente)Menos de 1 día (solicitudes procesadas automaticamente)
Solicitudes de consulta (contactando con Google)**683679415 días
Solicitudes de eliminación (contactando con Google)**6262015 días

Tal e como se explica na nosa Política de privacidade, Google non vende a información persoal dos usuarios. Polo tanto, cando os usuarios nos envían solicitudes para que non vendamos información persoal, respondémoslles explicándolles as nosas prácticas e compromisos, e facémoslles saber as poucas circunstancias nas que a súa información persoal se pode compartir fóra de Google, así como a forma na que poden controlalo.

* Datos dos usuarios residentes nos EUA

** Datos dos usuarios que afirmaron residir en California

*** As solicitudes denegadas no 2021 denegáronse porque non se podían verificar

Aplicacións de Google
Menú principal