Este contido pertence a unha versión arquivada da nosa Política de privacidade. Consulta a Política de privacidade actual.

"combinar información persoal dun servizo con información, incluída información persoal, doutros servizos de Google"

Exemplos

  • Por exemplo, se inicias sesión na túa conta de Google e realizas buscas en Google, podes ver os resultados da busca da web pública, xunto con páxinas, fotos e publicacións de Google+ dos teus amigos, e as persoas que te coñecen ou te seguen en Google+ poden ver as túas publicacións e o teu perfil nos seus resultados. Tamén podes atopar información relevante do contido que tes noutros produtos de Google que estás usando, como Gmail ou Google Calendar.
  • Se estás planeando facer unha viaxe a Italia e buscas "Florencia" en Google, poderás ver fotos ou artigos dos teus amigos acerca de Florencia nos teus resultados da busca. Estes resultados facilitan explorar as súas recomendacións e iniciar unha conversa sobre que cousas merece a pena ver. Máis información.
  • Google Now utiliza datos que é posible que teñas gardados noutros produtos de Google. Por exemplo, se tes buscas almacenadas no teu historial web, Google Now pode mostrar tarxetas informativas baseadas en resultados deportivos, estados de voos, etc., en función desas buscas anteriores. Para xestionar o teu historial web, visita google.com/history/. Podes eliminar ou pausar o teu historial web e continuar usando Google Now, pero non se mostrará algún tipo de información. Máis información.
  • Se tes unha entrada de Google Calendar para unha reunión de negocios, Google Now pode comprobar o tráfico e suxerir unha hora de saída para chegar á reunión a tempo.
Aplicacións de Google
Menú principal