Política de privacidade de Google

Cando usas os nosos servizos, confíasnos a túa información. Entendemos que esta é unha gran responsabilidade e traballamos arduamente para protexer a túa información e para que poidas controlala.

Esta política de privacidade pretende axudarche a comprender a información que recompilamos, por que a recompilamos e como podes actualizala, xestionala, exportala e eliminala.

Revisión de privacidade

Queres cambiar a túa configuración de privacidade?

Realizar a Revisión de privacidade

En vigor a partir do 4 de marzo de 2024 | Versións arquivadas | Descargar en PDF

Creamos unha gama de servizos que axudan a millóns de persoas a explorar o mundo a diario e a interactuar con el de formas novas. Entre os nosos servizos inclúense:

  • Aplicacións, sitios e dispositivos de Google, como a Busca, YouTube e Google Home
  • Plataformas como o navegador Chrome e o sistema operativo Android
  • Produtos que están integrados en aplicacións e sitios de terceiros, como anuncios, estatísticas e a versión inserida de Google Maps

Podes usar os nosos servizos de varias maneiras para xestionar a túa privacidade. Por exemplo, podes rexistrarte nunha Conta de Google se queres crear e xestionar contidos, como correos electrónicos e fotos, ou ver resultados de busca máis relevantes. Tamén podes usar moitos servizos de Google sen necesidade de iniciar sesión nin de crear unha conta, como facer buscas en Google ou ver vídeos de YouTube. Se queres, tamén podes navegar pola Web de xeito privado; por exemplo, podes usar o modo de incógnito de Chrome, que che axuda a manter a túa actividade de navegación en privado para que as demais persoas que usan o dispositivo non poidan vela. Ademais, nos nosos servizos podes axustar a configuración de privacidade para controlar se recompilamos ou non determinados tipos de datos e como os usamos.

Para que esta explicación sexa o máis clara posible, engadimos exemplos, vídeos explicativos e definicións de termos clave. Se tes algunha dúbida sobre esta Política de privacidade, podes poñerte en contacto connosco.

Información recompilada por Google

Queremos que entendas que tipo de información recompilamos cando utilizas os nosos servizos

Recompilamos información para mellorar os servizos que ofrecemos a todos os nosos usuarios: por exemplo, podemos deducir aspectos básicos, como o idioma que falan, ou elementos máis complexos, como os anuncios que lles poden resultar máis útiles, os usuarios que máis lles importan en liña ou que vídeos de YouTube lles poden gustar. A información recompilada por Google e a súa utilización dependerá de como utilices os nosos servizos e como xestiones os teus controis de privacidade.

Cando non tes a sesión iniciada nunha Conta de Google, almacenamos a información que recompilamos con identificadores únicos vinculados ao navegador, á aplicación ou ao dispositivo que esteas utilizando. Isto permítenos, por exemplo, manter as túas preferencias nas distintas sesións de navegación, como o teu idioma preferido ou mostrarche anuncios ou resultados de busca máis relevantes en función da túa actividade.

Cando inicias sesión, tamén recompilamos información que almacenamos coa túa conta de Google e que tratamos como datos persoais.

Cousas que creas ou nos forneces

Cando creas unha conta de Google, fornécesnos información persoal, entre a que se inclúe o teu nome e un contrasinal. Tamén podes optar por engadir un número de teléfono ou información de pago á túa conta. Aínda que non inicies sesión nunha conta de Google, podes decidir fornecernos información, como por exemplo un enderezo de correo electrónico para comunicarte connosco ou recibir información actualizada sobre os nosos servizos.

Tamén recompilamos o contido que creas, cargas ou recibes doutras persoas cando usas os nosos servizos. Aquí inclúense os correos electrónicos que escribes e recibes, as fotos e os vídeos que gardas, os documentos e as follas de cálculo que creas e os comentarios que fas en vídeos de YouTube.

Información que recompilamos cando utilizas os nosos servizos

As túas aplicacións, navegadores e dispositivos

Recompilamos información sobre as aplicacións, os navegadores e os dispositivos que utilizas para acceder aos servizos de Google, o cal nos axuda a ofrecer funcións como a actualización automática de produtos e a atenuación da pantalla se che queda pouca batería.

Entre a información que recompilamos inclúense os identificadores únicos, o tipo e a configuración do navegador e do dispositivo, o sistema operativo, a información sobre a rede de telefonía móbil, incluídos o nome do operador, o número de teléfono e o número de versión da aplicación. Tamén recompilamos información sobre a interacción das túas aplicacións, navegadores e dispositivos cos nosos servizos, por exemplo: o enderezo IP, os informes de fallos, a actividade do sistema e a data, a hora e o URL do referenciador da túa solicitude.

Recompilamos esta información cando un servizo de Google do teu dispositivo contacta cos nosos servidores (por exemplo, cando instalas unha aplicación de Play Store ou cando un servizo comproba se hai actualizacións automáticas). Se estás usando un dispositivo Android con aplicacións de Google, este contactará de forma periódica cos servidores de Google para ofrecer información sobre o teu dispositivo e conectarse aos nosos servizos. Entre esta información inclúense aspectos como o tipo de dispositivo, o nome do teu operador, os informes de fallos, as aplicacións que instalaches e, dependendo da configuración do teu dispositivo, outra información sobre como estás usando o teu dispositivo Android.

A túa actividade

Recompilamos información sobre a actividade que realizas nos nosos servizos e utilizámola, por exemplo, para recomendar un vídeo de YouTube que pode gustarche. Entre os datos da túa actividade que recompilamos poden incluírse:

Se utilizas os nosos servizos para facer e recibir chamadas ou enviar e recibir mensaxes, é posible que recompilemos información do rexistro desas chamadas e mensaxes (por exemplo, o número de teléfono, o número do emisor e do receptor da chamada, os números de desvío, o enderezo de correo electrónico do remitente e do destinatario, a hora e a data das chamadas e as mensaxes, a duración das chamadas, a información sobre o enrutamento, e os tipos e volumes das chamadas e das mensaxes).

Podes visitar a túa conta de Google para atopar e xestionar a información da actividade que está gardada na túa conta.

A información da túa localización

Recompilamos información de localización cando utilizas os nosos servizos, o cal nos axuda a ofrecer funcións como indicacións para chegar en coche, resultados de busca de cousas dos arredores e anuncios baseados na túa localización.

En función dos produtos que utilices e da configuración que escollas, Google pode valerse de distintos tipos de información de localización para tratar de que algúns dos servizos e produtos que usas che resulten máis útiles. Entre eles inclúense os seguintes:

Os tipos de datos de localización que recompilamos e o tempo de almacenamento correspondente dependen en parte da configuración do dispositivo e da conta. Por exemplo, podes activar ou desactivar a localización do dispositivo Android utilizando a aplicación de configuración do dispositivo. Tamén podes activar o Historial de localización se queres crear un mapa privado dos lugares que visitas cos dispositivos nos que teñas a sesión iniciada. E se tes activada a opción Actividade web e das aplicacións, gárdanse na túa Conta de Google as buscas que fagas e outras actividades que realices nos servizos de Google, o cal tamén pode incluír información sobre a localización. Consulta Como utiliza Google a información de localización?


Nalgunhas circunstancias, Google tamén recompila información sobre ti de fontes dispoñibles publicamente. Por exemplo, se o teu nome aparece nun xornal local, o motor de busca de Google pode indexar o artigo en cuestión e amosárllelo a outras persoas que busquen o teu nome. Tamén podemos recompilar información sobre ti procedente de socios de confianza, como directorios que nos proporcionan información sobre empresas para que a mostremos nos servizos de Google, socios de márketing que nos ofrecen información sobre clientes potenciais dos nosos servizos para empresas e socios de seguranza que nos fornecen información para ofrecer protección contra o uso inadecuado. Tamén recibimos información de socios para ofrecer servizos de publicidade e de busca no seu nome.

Utilizamos diferentes tecnoloxías para recompilar e almacenar información: cookies, etiquetas de píxeles, sistemas de almacenamento local, como o almacenamento web do navegador ou memorias caché de datos de aplicacións, bases de datos e rexistros do servidor.

Por que recompila datos Google

Utilizamos os datos para crear mellores servizos

Utilizamos a información que recompilamos de todos os nosos servizos para os seguintes fins:

Fornecer os nosos servizos

Utilizamos a túa información para ofrecer os nosos servizos, por exemplo, para procesar os termos que buscas a fin de mostrar resultados ou para axudarche a compartir contidos suxerindo destinatarios dispoñibles entre os teus contactos.

Manter e mellorar os nosos servizos

Tamén utilizamos a túa información para garantir que os nosos servizos funcionan do xeito previsto, como é o caso ao realizar un seguimento das suspensións temporais do servizo ou ao resolver os problemas dos que nos informes. Ademais, usamos os teus datos para facer melloras nos nosos servizos (por exemplo: saber cales son os termos de busca que se escriben incorrectamente con máis frecuencia axúdanos a mellorar as funcións de revisión ortográfica que se usan nos nosos servizos).

Desenvolver novos servizos

Utilizamos a información que recompilamos nos servizos existentes para axudarnos a desenvolver outros servizos novos. Por exemplo, comprender como organizaban os usuarios as súas fotos en Picasa, a primeira aplicación de fotos de Google, axudounos a deseñar e lanzar Google Fotos.

Ofrecer servizos personalizados, como contidos e anuncios

Utilizamos a información que recompilamos para personalizar os nosos servizos para ti, como ofrecerche recomendacións, contidos personalizados e resultados de busca personalizados. Por exemplo, o sitio web Revisión de seguranza ofrece consellos de seguranza adaptados á forma en que utilizas os produtos de Google. Ademais, en función da configuración que teñas definida en cada momento, Google Play podería utilizar información como as aplicacións que instalaches e os vídeos que reproduciches en YouTube para suxerir novas aplicacións que quizais che gusten.

Dependendo da túa configuración, tamén podemos amosarche anuncios personalizados en función dos teus intereses e da túa actividade nos servizos de Google. Por exemplo, se buscas "bicicletas de montaña", é posible que se mostren anuncios de equipamentos deportivos en YouTube. Podes controlar a información que queres que utilicemos para mostrarche publicidade desde a configuración de anuncios en O meu centro de anuncios.

  • Non che mostraremos anuncios personalizados baseados en categorías sensibles, como a raza, a relixión, a orientación sexual ou a saúde.
  • Non che mostramos anuncios personalizados baseados no contido que teñas en Drive, Gmail ou Fotos.
  • Non compartiremos información que te identifique persoalmente cos anunciantes, como o teu nome ou correo electrónico, a menos que nolo pidas. Por exemplo, se ves un anuncio dunha floraría próxima e seleccionas o botón Tocar para chamar, realizaremos a chamada e podemos compartir o teu número de teléfono coa floraría.

Medir o rendemento

Utilizamos datos para facer estatísticas e medicións coa finalidade de comprender como se utilizan os nosos servizos. Por exemplo, analizamos os datos sobre as visitas que realizas aos nosos sitios para optimizar o deseño do produto. Tamén usamos información sobre os anuncios cos que interactúas, así como a túa actividade da Busca de Google relacionada, para axudar aos anunciantes a entender o rendemento das súas campañas publicitarias. Utilizamos unha ampla variedade de ferramentas, entre elas, Google Analytics. Así, cando visitas sitios ou usas aplicacións que utilizan esta ferramenta, un cliente de Google Analytics pode decidir darlle permiso a Google para vincular información sobre a túa actividade nese sitio ou aplicación con actividade doutros sitios ou aplicacións que utilizan os nosos servizos de publicidade.

Comunicación contigo

Utilizamos a información que recompilamos, como o teu enderezo de correo electrónico, para interactuar contigo directamente. Por exemplo, podemos enviarche unha notificación se detectamos unha actividade sospeitosa, como un intento de iniciar sesión na túa conta de Google desde unha localización que non é habitual, ou informarte sobre os próximos cambios ou melloras nos nosos servizos. Se te pos en contacto con Google, gardaremos un rexistro da túa solicitude para axudarche a resolver calquera incidencia que se produza.

Protexer a Google, os nosos usuarios e o público

Utilizamos información para axudar a mellorar a seguranza e fiabilidade dos nosos servizos. Aquí inclúense a detección, a prevención e a resposta a fraudes, usos inadecuados, riscos para a seguranza e problemas técnicos que poidan danar a Google, os nosos usuarios ou o público.


Utilizamos diferentes tecnoloxías para procesar a túa información para estes fins. Usamos sistemas automatizados que analizan o teu contido para ofrecerche resultados de busca e anuncios personalizados ou outras funcións adaptadas á forma en que utilizas os nosos servizos. Tamén analizamos o teu contido para axudarnos a detectar usos inadecuados como o spam, o software malicioso e os contidos ilegais. Ademais, usamos algoritmos para recoñecer padróns nos datos. Por exemplo, o Tradutor de Google axuda ás persoas a comunicarse en diferentes idiomas mediante a detección de padróns de idioma comúns nas frases que lle solicitas traducir.

Podemos usar a información que recompilamos a través dos nosos servizos e dos teus dispositivos para os fins descritos anteriormente. Por exemplo, en función da configuración que teñas definida en cada momento, se reproduces vídeos de guitarristas en YouTube, é posible que vexas un anuncio de clases de guitarra nun sitio que utilice os nosos produtos publicitarios. Dependendo da configuración da túa conta, a túa actividade noutros sitios e aplicacións pódese asociar cos teus datos persoais para mellorar os servizos e os anuncios que ofrece Google.

Se outros usuarios xa teñen o teu enderezo de correo electrónico ou outra información que te identifique, podemos permitirlles ver a información pública da túa conta de Google, como o teu nome e a túa foto. Deste modo, os usuarios poden identificar un correo electrónico que lles envíes, entre outras cousas.

Pediremos o teu consentimento previo para utilizar a túa información cun fin que non estea recollido nesta Política de privacidade.

Os teus controis de privacidade

Podes xestionar a información que recompilamos e como se utiliza

Nesta sección descríbense controis clave para xestionar a túa privacidade nos nosos servizos. Tamén podes visitar o sitio Revisión de privacidade, que ofrece a oportunidade de revisar e axustar opcións de privacidade importantes. Ademais destas ferramentas, tamén ofrecemos opcións de privacidade específicas nos nosos produtos (podes obter máis información na nosa Guía de privacidade de produtos).

Xestión, revisión e actualización da túa información

Coa sesión iniciada, podes revisar e actualizar información ao visitar os servizos que utilizas. Por exemplo, Fotos e Drive están deseñados para axudarche a xestionar tipos de contido específicos que gardaches con Google.

Tamén creamos un lugar para que revises e controles a información gardada na túa conta de Google. A túa conta de Google inclúe:

Controis de privacidade

Controis de actividade

Decide que tipo de actividade queres gardar na túa conta. Por exemplo, se tes activada a opción Historial de YouTube, os vídeos que reproduces e o contido que buscas gárdanse na túa conta para que poidas obter mellores recomendacións e lembrar onde o deixaches. E se tes activada a opción Actividade web e das aplicacións, as túas buscas e a actividade doutros servizos de Google gárdanse na túa conta para que a experiencia sexa máis personalizada (por exemplo, con buscas máis rápidas, e recomendacións de contido e aplicacións máis útiles). Actividade web e das aplicacións tamén ten unha subopción de configuración que che permite controlar se a información sobre a túa actividade noutros sitios, aplicacións e dispositivos que usan os servizos de Google, como as aplicacións que instalas e usas en Android, se garda na túa Conta de Google e se utiliza para mellorar os servizos de Google.

Ir a Controis de actividade

Configuración de anuncios

Xestiona as túas preferencias sobre os anuncios que queres que se mostren en Google e nos sitios e aplicacións asociados con Google. Podes modificar os teus intereses, escoller se queres que se utilicen os teus datos persoais para conseguir que os anuncios mostrados che resulten máis relevantes e activar ou desactivar determinados servizos de publicidade.

Ir a O meu centro de anuncios

Acerca de ti

Xestiona a información persoal da túa Conta de Google e controla quen pode vela nos servizos de Google.

Ir a Acerca de ti

Recomendacións compartidas

Escolle se queres que o teu nome e a túa foto aparezan xunto á túa actividade, como as recensións e as recomendacións, que aparecen nos anuncios.

Ir a Recomendacións compartidas

Sitios e aplicacións que utilizan os servizos de Google

Xestiona a información que os sitios web e as aplicacións que utilizan os servizos de Google, como Google Analytics, poden compartir con Google cando os visitas ou interactúas cos seus servizos.

Consulta Como utiliza Google a información de sitios ou aplicacións que usan os nosos servizos

Formas de revisar e actualizar a túa información

A miña actividade

A miña actividade permíteche revisar e controlar os datos que se gardan na túa Conta de Google cando tes iniciada a sesión e utilizas os servizos de Google, como as buscas que fixeches ou as túas visitas a Google Play. Podes navegar por data e por tema, e eliminar total ou parcialmente a actividade.

Ir a A miña actividade

Panel de control de Google

O panel de control de Google permíteche xestionar información asociada a produtos específicos.

Ir a Panel de control

Os teus datos persoais

Xestiona a túa información de contacto, como o nome, o correo electrónico e o número de teléfono.

Ir a Información persoal

Podes xestionar información asociada co teu navegador ou dispositivo sen necesidade de iniciar sesión na túa conta, como, por exemplo, os seguintes elementos:

  • A personalización das buscas coa sesión pechada: decide se queres que se utilice a túa actividade de busca para ofrecer resultados e recomendacións máis relevantes.
  • A configuración de YouTube: pon en pausa e elimina o historial de busca de YouTube e o historial de visualización de YouTube.
  • A configuración de anuncios: xestiona as túas preferencias sobre os anuncios que se publican en Google e nos sitios e aplicacións asociados con Google para mostrar anuncios.

Exportar, eliminar e borrar a túa información

Podes exportar unha copia do contido da túa conta de Google se queres facerlle unha copia de seguranza ou utilizalo cun servizo alleo a Google.

Para eliminar a túa información, podes:

O Administrador de contas inactivas permíteche darlle a outra persoa acceso a parte da túa conta de Google en caso de que non poidas utilizala de forma inesperada.

Por último, tamén podes solicitar a eliminación de contido de servizos de Google determinados de acordo coa lei aplicable e as nosas políticas.


Existen outras formas de controlar a información que Google recompila, tanto se iniciaches sesión nunha conta de Google como se non, entre as que se inclúen:

  • A configuración do navegador: por exemplo, podes configurar o navegador para indicar cando colocou Google unha cookie nel. Tamén podes configurar o navegador para bloquear todas as cookies dun dominio específico ou de todos os dominios. Pero lembra que os nosos servizos utilizan cookies para funcionar correctamente e así recordar as túas preferencias de idioma, entre outras cousas.
  • A configuración do dispositivo: o dispositivo pode contar con controis que determinen a información que recompilamos. Por exemplo, podes modificar a configuración de localización no teu dispositivo Android.

Compartir a túa información

Cando compartes a túa información

Moitos dos nosos servizos permiten compartir información con outras persoas e ti tes control sobre como se fai. Por exemplo, podes compartir vídeos en YouTube de forma pública ou decidir mantelos en privado. Ten en conta que, cando compartes información publicamente, pódese acceder ao teu contido a través de motores de busca, como a Busca de Google.

Se inicias sesión na túa conta e interactúas con algúns dos servizos de Google (deixando comentarios nun vídeo de YouTube ou escribindo unha recensión sobre unha aplicación en Play), aparecerán o teu nome e a túa foto xunto á actividade que realizaches. Tamén podemos mostrar esta información en anuncios dependendo da túa configuración de Recomendacións compartidas.

Cando comparte Google a túa información

Non compartimos os teus datos persoais con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google, excepto nos casos seguintes:

Co teu consentimento

Compartiremos datos persoais fóra de Google cando teñamos o teu consentimento. Por exemplo, se utilizas Google Home para facer unha reserva a través dun servizo de reservas, solicitaremos o teu permiso para compartir o teu nome ou o número de teléfono co restaurante. Tamén che facilitaremos os controis necesarios para revisar e xestionar sitios e aplicacións de terceiros aos que lles concedeses acceso aos datos da túa Conta de Google. Pediremos o teu consentimento explícito para compartir datos persoais confidenciais.

Con administradores de dominio

Se es estudante ou traballas para unha organización que utiliza servizos de Google, o teu administrador de dominio e os distribuidores que xestionan a túa conta terán acceso á túa conta de Google e poderán:

  • Acceder e conservar a información almacenada na túa conta, como o teu correo electrónico.
  • Consultar estatísticas relacionadas coa túa conta, por exemplo, o número de aplicacións que instalas.
  • Cambiar o contrasinal da túa conta.
  • Suspender ou cancelar o acceso á túa conta.
  • Obter información da túa conta para cumprir coa lexislación, coa normativa, co proceso legal ou cunha solicitude gobernamental executable.
  • Limitar a túa capacidade para eliminar ou editar a túa información ou a configuración de privacidade.

Para o procesamento externo

Proporcionamos información persoal ás nosas empresas vinculadas ou a outras empresas ou particulares de confianza para que a procesen no noso nome, seguindo as nosas instrucións, de conformidade coa nosa Política de privacidade e cumprindo as medidas de confidencialidade e de seguranza oportunas. Por exemplo, utilizamos fornecedores de servizos para axudar a operar os nosos centros de datos, ofrecer os nosos produtos e servizos, mellorar os nosos procesos comerciais internos e ofrecer asistencia adicional aos clientes e usuarios. Tamén utilizamos fornecedores de servizos para revisar o contido dos vídeos de YouTube a fin de garantir a seguranza pública e analizar e escoitar mostras de audio dos usuarios gardadas para axudar a mellorar as tecnoloxías de recoñecemento de audio de Google.

Por cuestións xurídicas

Compartiremos datos persoais fóra de Google se cremos de boa fe que existe unha necesidade razoable de revelar os devanditos datos para:

Podemos compartir información que non permita a identificación persoal co público e cos nosos socios, incluídos editores, anunciantes, programadores ou titulares de dereitos. Por exemplo, podemos compartir publicamente información para mostrar tendencias sobre o uso xeral dos nosos servizos. Tamén permitimos a socios específicos recompilar información do teu navegador ou dispositivo para fins publicitarios e de medición utilizando as súas propias cookies ou tecnoloxías similares.

En caso de que Google participe nunha fusión, adquisición ou venda de activos, asegurarémonos de manter a confidencialidade dos datos persoais e informaremos os usuarios afectados antes de que os seus datos persoais se transfiran ou pasen a estar suxeitos a unha política de privacidade diferente.

Protexer a túa información

Google establece medidas de seguranza nos seus servizos para protexer a túa información

Todos os produtos de Google están deseñados con funcións de seguranza sólidas que protexen a túa información de forma continua. A información que obtemos das tarefas de mantemento dos nosos servizos axúdanos a detectar ameazas para a seguranza e a evitar automaticamente que che afecten. Se detectamos algunha actividade perigosa que consideremos que debas saber, enviarémosche unha notificación e axudarémosche a levar a cabo os pasos necesarios para conseguir unha mellor protección.

Esforzámonos por protexerte a ti e a Google fronte a operacións non autorizadas de modificación, divulgación ou destrución da información que almacenamos ou fronte ao acceso non autorizado a esta. En particular:

  • Utilizamos a encriptación para manter os teus datos privados durante o proceso de envío.
  • Ofrecemos unha serie de funcións de seguranza, como a Navegación segura, a Revisión de seguranza e a Verificación en dous pasos para axudarche a protexer a túa conta.
  • Revisamos as prácticas de procesamento, almacenamento e obtención de información, incluídas as medidas físicas de seguranza, para evitar que se produzan accesos non autorizados aos nosos sistemas.
  • Limitamos o acceso aos datos persoais almacenados aos contratistas, axentes e empregados de Google que precisan coñecer a devandita información para procesala. Todas as persoas que contan con este acceso están obrigadas a cumprir coas estritas esixencias contractuais relativas á confidencialidade e, se as incumprisen, abriríaselles o expediente disciplinario pertinente ou procederíase ao seu despedimento.

Exportar e eliminar a túa información

Podes exportar unha copia da túa información ou eliminala da túa conta de Google en calquera momento

Podes exportar unha copia do contido da túa conta de Google se queres facerlle unha copia de seguranza ou utilizalo cun servizo alleo a Google.

Para eliminar a túa información, podes:

Conservar a túa información

Conservamos os datos que recompilamos durante diferentes períodos dependendo do contido do que se trate, de como se use e de como axustes a configuración:

  • Podes eliminar algúns datos cando queiras, como a túa información persoal ou o contido que crees ou cargues (por exemplo, fotos e documentos). Tamén podes eliminar a información da actividade que se garda na túa conta ou decidir borrala automaticamente despois dun período definido. Gardaremos estes datos na túa Conta de Google ata que os elimines ou decidas borralos automaticamente.
  • Outros datos elimínanse ou fanse anónimos automaticamente despois dun período definido, como a información publicitaria presente nos rexistros dos servidores.
  • Conservamos algúns datos ata que elimines a túa Conta de Google, como a información sobre a frecuencia coa que usas os nosos servizos.
  • E conservamos algúns datos durante períodos máis longos cando sexa necesario para fins lexítimos empresariais ou legais, como por cuestións de seguranza, prevención de fraude e abusos ou ben para manter rexistros financeiros.

Cando eliminas datos, seguimos un proceso de eliminación para asegurarnos de que estes se borran de forma segura e completa dos nosos servidores ou se conservan unicamente de forma anónima. Nós tentamos asegurarnos de que os nosos servizos protexan a información fronte a posibles eliminacións accidentais ou maliciosas. Por este motivo, pódense producir demoras entre o momento no que se borra un determinado contido e o instante no que se eliminan as copias dos nosos sistemas activos e de copia de seguranza.

Podes obter máis información sobre os períodos de conservación de datos de Google, incluído o tempo que tardamos en eliminar a túa información.

Cumprimento e colaboración cos reguladores

Revisamos habitualmente esta Política de privacidade e asegurámonos de procesar a túa información de maneira que a cumpra.

Transferencias de datos

Dispoñemos de servidores por todo o mundo e, polo tanto, a túa información pode procesarse en servidores localizados fóra do país no que vives. As leis de protección de datos varían en función do país, e algunhas ofrecen máis protección que outras. Independentemente de onde se procese a información, aplicaremos as mesmas proteccións que se describen nesta política. Tamén cumprimos determinados marcos legais relacionados coa transferencia de datos.

En caso de que recibamos unha reclamación formal por escrito, responderemos poñéndonos en contacto coa persoa que a presentou. Tamén nos poremos en contacto coas autoridades reguladoras pertinentes, incluídas as autoridades locais encargadas da protección de datos, para resolver calquera reclamación relacionada coa transferencia dos teus datos que non poidamos solucionar directamente contigo.

Requisitos das leis estatais dos EUA

Algunhas leis estatais dos EUA sobre privacidade esixen determinadas revelacións específicas.

Esta Política de privacidade foi concibida para axudarche a comprender como trata Google a túa información:

  • En Información recompilada por Google, explicamos as categorías de información que recompilamos e as fontes desa información.
  • En Por que recompila datos Google, explicamos para que recompilamos e utilizamos a información.
  • En Compartir a túa información, explicamos en que situacións podemos compartir a información. Google non vende a túa información persoal. Tampouco a "comparte", segundo a definición de "compartir" que aparece na lei californiana de privacidade do consumidor (CCPA).
  • En Conservar a túa información explicamos como conserva Google a información. Tamén podes consultar máis información sobre como anonimiza Google os datos. Tal como se describe nese artigo, cando Google anonimiza os datos para protexer a túa privacidade, mantén as políticas e as medidas técnicas para non ter que identificar esa información de novo.

Algunhas leis estatais dos EUA sobre privacidade tamén contemplan o dereito a solicitar información sobre como recompila, utiliza e revela Google a túa información persoal. Ademais, outórganche o dereito a acceder á túa información e corrixila (ás veces en formato portátil), así como a solicitarlle a Google que a elimine. Moitas tamén confiren o dereito a renunciar a determinadas formas de elaboración de perfís e de publicidade segmentada. Así mesmo, confiren o dereito a non sufrir discriminación por exercer estes dereitos de privacidade. Por último, a CCPA considera confidenciais certos tipos de información, como os datos de saúde. Cando os usuarios proporcionan esta información, Google só a utiliza para os fins permitidos pola CCPA, como pode ser ofrecer os servizos que solicitan e esperan os nosos usuarios.

Na sección Os teus controis de privacidade, describimos as opcións das que dispós para xestionar a túa privacidade e os teus datos nos servizos de Google. Con estas ferramentas podes acceder, revisar, actualizar e eliminar a túa información, así como exportar e descargar unha copia dela. Tamén podes controlar a información que queres que utilicemos para mostrarche publicidade ou desactivar os anuncios personalizados desde O meu centro de anuncios.

Cando uses estas ferramentas, verificaremos que tes a sesión iniciada na túa Conta de Google para validar a túa solicitude. Se tes algunha pregunta ou solicitude en relación cos teus dereitos en virtude das leis estatais dos EUA sobre privacidade, tanto ti como o teu axente autorizado podedes contactar con Google. Se non estás de acordo coa decisión sobre a túa solicitude, podes pedirlle a Google que a estude de novo respondendo ao noso correo electrónico.

Consulta máis información sobre como xestiona Google as solicitudes que recibe en virtude da CCPA.

Algunhas leis estatais dos EUA sobre privacidade tamén esixen unha descrición das prácticas relacionadas cos datos utilizando categorías específicas. A seguinte táboa utiliza esas categorías para organizar a información desta Política de privacidade.

Categorías de información que recompilamos

Identificadores e información similar, como o teu nome e contrasinal, o número de teléfono e o enderezo, así como os identificadores únicos que están vinculados ao navegador, á aplicación ou ao dispositivo que esteas utilizando. Algúns servizos de Google, como YouTube Studio, ofrecen a opción de enviar un documento de identidade válido (por exemplo, un pasaporte ou un permiso de conducir) para verificar a túa identidade a fin de poder usar as funcións adicionais.

Información demográfica, como a túa idade, sexo e idioma. Se decides usar funcións opcionais, como a información demográfica de YouTube Creator, tamén podes facilitar información adicional (por exemplo, a túa raza, grupo étnico ou identidade de xénero).

Información comercial, como a información de pago e o historial das compras que realizas nos servizos de Google.

Información biométrica, sempre e cando decidas facilitala, como as impresións dixitais no marco dos estudos para o desenvolvemento de produtos de Google.

Información sobre Internet, a rede e outros tipos de actividade, como os termos de busca; as visualizacións de contido e anuncios, e as interaccións con eles; o historial de navegación de Chrome, en caso de que o sincronizases coa túa Conta de Google; a información relativa á interacción das túas aplicacións, navegadores e dispositivos cos nosos servizos (como o enderezo IP, os informes de fallos e a actividade do sistema), e a actividade en sitios e aplicacións de terceiros que utilizan os nosos servizos. Na sección A miña actividade, podes revisar e controlar os datos sobre a actividade que se almacenan na túa Conta de Google.

Datos de xeolocalización, como os que determinen o GPS, o enderezo IP e outros datos procedentes de sensores instalados no teu dispositivo ou arredor del en función, en certa medida, da configuración do teu dispositivo e da túa conta. Dependendo destas opcións de configuración, poden incluír datos de localización precisa (por exemplo, os datos do GPS que usan as funcións de Android, como a de navegación ou a de atopar o teléfono). Obtén máis información acerca do uso que fai Google da información de localización.

Información electrónica, visual, de audio e similar, como a información de voz e de audio.

Datos de comunicacións (por exemplo, correos electrónicos) se usas os nosos servizos para enviar e recibir mensaxes.

Información sanitaria (se decides facilitala), como o teu historial médico, os signos vitais e as métricas de saúde (por exemplo, os niveis de glicosa en sangue), así como outros datos similares relativos á túa saúde mental ou física, ao facer uso dos servizos de Google que ofrecen funcións relacionadas coa saúde, como a aplicación Google Health Studies.

Información profesional, laboral e educativa, como a información que facilitas ou a que almacena unha organización na que estudas ou traballas e na que se utilizan os servizos de Google.

Outra información que creas ou facilitas, como o contido que creas, cargas ou recibes (como fotos, vídeos, correos electrónicos, documentos e follas de cálculo). O Panel de control de Google permíteche xestionar información asociada a produtos específicos.

Deducións realizadas a partir da anterior información, como as categorías de intereses para a personalización de anuncios.

Fins comerciais en relación cos que se pode utilizar ou revelar información

Protección contra ameazas de seguranza, usos inadecuados e actividades ilegais: Google utiliza ou revela información para detectar, evitar e responder a incidentes de seguranza. Tamén pode usala para ofrecer protección contra outras actividades maliciosas, enganosas, fraudulentas ou ilegais. Por exemplo, para protexer os nosos servizos, Google pode recibir ou revelar información sobre enderezos IP vulnerados por axentes maliciosos.

Auditorías e medicións: Google utiliza información para realizar análises e medicións co obxectivo de comprender como se usan os nosos servizos, así como para cumprir coas obrigas que temos cos nosos socios, entre os que se inclúen editores, anunciantes, programadores e titulares de dereitos. Podemos revelar ao público e a estes socios información que non permita a identificación persoal, mesmo para labores de auditoría.

Mantemento dos nosos servizos: en Google utilizamos información para garantir que os nosos servizos funcionan do xeito previsto, como ao realizar un seguimento das suspensións temporais do servizo ou ao resolver os problemas dos que nos informes.

Investigación e desenvolvemento: utilizamos información para mellorar os nosos servizos e desenvolver novos produtos, funcións e tecnoloxías dos que poidan tirar partido os nosos usuarios e o público en xeral. Por exemplo, usamos información dispoñible publicamente para aplicala aos modelos de IA de Google, así como para crear produtos e funcións como o Tradutor de Google, as aplicacións con Gemini e as opcións de IA na nube.

Uso de fornecedores de servizo: Google comparte información cos fornecedores de servizo para que realicen servizos no noso nome, de acordo coa nosa Política de privacidade e con outras medidas de seguranza e confidencialidade adecuadas. Por exemplo, podemos contar con fornecedores de servizo para proporcionar servizos de atención ao cliente.

Publicidade: Procesamos información, como os identificadores en liña, a actividade de busca e de navegación, e a información sobre a túa localización e as túas interaccións con anuncios, para ofrecer publicidade e, deste xeito, facer que os nosos servizos e moitos dos sitios web e servizos que utilizas estean dispoñibles sen custo económico. Podes controlar a información que queres que utilicemos para mostrarche publicidade desde a configuración de anuncios en O meu centro de anuncios.

Motivos legais: Google tamén usa información para cumprir coa lexislación ou coas normativas aplicables. Así mesmo, pode revelala en resposta a procesos legais ou a solicitudes gobernamentais executables, incluídas as procedentes das autoridades competentes. No noso Informe de transparencia atoparás información sobre o número e o tipo de solicitudes que recibimos por parte dos gobernos.

Partes ás que lles podemos revelar información

Outras persoas coas que decidas compartir a túa información, como documentos, fotos e vídeos ou comentarios en YouTube.

Terceiros que teñan o teu consentimento, como servizos que se integran cos de Google. Na túa Conta de Google, podes revisar e xestionar as aplicacións e os sitios de terceiros que teñen acceso aos teus datos.

Fornecedores de servizo, empresas ou persoas de confianza que tratan información no nome de Google, segundo as nosas instrucións e de acordo coa nosa Política de privacidade e con calquera outra medida de seguranza e confidencialidade que sexa adecuada.

Administradores do dominio, se traballas ou estudas nunha organización que utilice servizos de Google.

As autoridades competentes ou outros terceiros, polos motivos legais descritos en Compartir a túa información.

Acerca desta política

Cando é aplicable esta política

Esta Política de privacidade aplícase a todos os servizos que prestan Google LLC e as empresas vinculadas, incluídos YouTube, Android e os servizos ofrecidos en sitios de terceiros, como os servizos de publicidade. Esta Política de privacidade non se aplica aos servizos que teñan políticas de privacidade independentes que non incorporen esta Política de privacidade.

Esta política de privacidade non se aplica a:

  • As prácticas de información doutras empresas e organizacións que anuncian os nosos servizos.
  • Os servizos ofrecidos por outras empresas ou particulares, incluídos os produtos ou sitios que ofrecen e que poidan conter servizos de Google aos que se aplica a política, ou produtos ou sitios que se mostran ao usuario nos resultados de busca, ou aos que se accede a través dunha ligazón desde os nosos servizos.

Cambios nesta política

Google cambia esta Política de privacidade de cando en vez. Non limitaremos os teus dereitos en virtude desta Política de privacidade sen o teu consentimento explícito. Sempre indicaremos a data de publicación dos últimos cambios e ofrecerémosche acceso a versións arquivadas para que as consultes. Se os cambios son significativos, enviaremos un aviso máis destacado, por exemplo, unha notificación por correo electrónico se a modificación da Política de privacidade afecta a determinados servizos.

Prácticas relacionadas coa privacidade

Servizos específicos de Google

Os seguintes avisos de privacidade proporcionan información adicional sobre algúns servizos de Google:

Se formas parte dunha organización na que se faga uso de Google Workspace ou de Google Cloud Platform e queres saber como se recompila e se utiliza a túa información persoal nestes servizos, consulta o aviso de privacidade de Google Cloud.

Outros recursos útiles

As seguintes ligazóns destacan recursos útiles para que obteñas máis información acerca das nosas prácticas e configuracións de privacidade.

Termos clave

Algoritmo

Proceso ou conxunto de normas seguido por un ordenador durante as operacións de resolución de problemas.

Almacenamento web do navegador

O almacenamento web do navegador permite aos sitios web almacenar datos no navegador dun dispositivo. Cando se utiliza en modo de almacenamento local, permite o almacenamento dos datos das diferentes sesións. Deste modo pódense recuperar os datos incluso despois de pechar e volver abrir o navegador. Unha tecnoloxía que facilita o almacenamento web é HTML 5.

Caché de datos de aplicacións

A caché de datos dunha aplicación é un repositorio de datos dun dispositivo. Por exemplo, pode permitir a unha aplicación web executarse sen dispoñer de conexión a Internet e mellorar o rendemento da aplicación permitindo a carga de contidos máis rápida.

Conta de Google

Os usuarios poden acceder a algúns dos nosos servizos rexistrándose para obter unha conta de Google e proporcionándonos información persoal (normalmente, o seu enderezo de correo electrónico e un contrasinal). Esta información da conta utilizarase para autenticar a identidade dos usuarios cando accedan aos servizos de Google e para protexer a súa conta contra o acceso non autorizado por parte doutras persoas. Podes editar ou eliminar a conta en calquera momento a través da configuración da túa conta de Google.

Cookies

Unha cookie é un pequeno ficheiro que contén unha cadea de caracteres que se envía ao teu ordenador cando visitas un sitio web. Cando volvas visitar o sitio, a cookie permitiralle recoñecer o teu navegador. As cookies poden almacenar as preferencias do usuario e outro tipo de información. Podes configurar o teu navegador para rexeitar todas as cookies ou para indicar cando se está enviando unha cookie. Con todo, é posible que algunhas funcións ou servizos do sitio web non funcionen correctamente sen as cookies. Máis información acerca de como utiliza Google as cookies e os datos, incluídas as cookies, cando usas os sitios ou aplicacións dos nosos socios.

Dispositivo

Un dispositivo é un ordenador que se pode utilizar para acceder a servizos de Google. Por exemplo, os ordenadores de escritorio, as tabletas, os altofalantes intelixentes e os smartphones considéranse dispositivos.

Empresas vinculadas

Unha empresa vinculada é unha entidade que pertence ao grupo de empresas de Google, incluídas as seguintes que fornecen servizos ao consumidor na UE: Google Ireland Limited, Google Commerce Ltd, Google Payment Corp e Google Dialer Inc. Obtén máis información acerca das empresas que ofrecen servizos empresariais na UE.

Enderezo IP

Todos os dispositivos conectados a Internet teñen asignado un número coñecido como o enderezo de protocolo de Internet (IP). Estes números asígnanse habitualmente en bloques xeográficos. Un enderezo IP pódese utilizar para identificar a localización desde a que se conecta un dispositivo a Internet. Consulta Como utiliza Google a información de localización?

Etiqueta de pixeles

Unha etiqueta de píxeles é un tipo de tecnoloxía inserida nun sitio web ou no corpo dun correo electrónico co fin de realizar un seguimento de determinada actividade, como as visitas a un sitio web ou cando se abre un correo electrónico. Polo xeral, úsanse xunto coas cookies.

Identificadores únicos

Un identificador único é unha cadea de caracteres que se pode usar para identificar de maneira exclusiva un navegador, unha aplicación ou un dispositivo. Os identificadores diferentes varían dependendo do seu grao de permanencia, de se os usuarios os poden restablecer e do xeito en que se accede a eles.

Os identificadores únicos pódense utilizar para distintos fins, entre os que se inclúen a seguranza e a detección de fraudes, a sincronización de servizos como a caixa de entrada do correo electrónico, lembrar as preferencias do usuario e proporcionar publicidade relevante. Por exemplo, os identificadores únicos almacenados nas cookies axudan aos sitios a mostrar contidos no teu navegador no teu idioma preferido. Podes configurar o teu navegador para rexeitar todas as cookies ou para indicar cando se está enviando unha cookie. Máis información acerca de como utiliza Google as cookies.

Noutras plataformas diferentes dos navegadores, os identificadores únicos utilízanse para recoñecer un dispositivo ou unha aplicación específicos dese dispositivo. Por exemplo, un identificador único como o código de identificación de publicidade úsase para fornecer publicidade relevante en dispositivos Android e pode xestionarse na configuración do teu dispositivo. Os identificadores únicos (ás veces chamados UUID ou códigos de identificación universalmente únicos) tamén pode incorporalos nun dispositivo o fabricante, como é o caso do número IMEI dun teléfono móbil. Por exemplo, o identificador único dun dispositivo pode usarse para personalizar o noso servizo no teu dispositivo ou para analizar calquera problema do dispositivo relacionado cos nosos servizos.

Información persoal

Esta é a información que ofrecen os usuarios e que os identifica persoalmente, como o nome, o enderezo de correo electrónico ou a información de facturación, ou calquera outro dato que Google poida relacionar razoablemente con esa información de Google, por exemplo, os datos que asociamos á túa conta de Google.

Información persoal confidencial

Esta é unha categoría particular de información persoal relacionada con temas como datos médicos confidenciais, información sobre a orixe étnica ou racial, crenzas relixiosas, ideoloxías políticas ou sexualidade.

Información que non permite a identificación persoal

Trátase de información sobre os usuarios que se rexistra de xeito que non reflicta un usuario que se poida identificar individualmente nin faga referencia a el.

Rexistros de servidor

Igual que ocorre coa maioría dos sitios web, os nosos servidores rexistran automaticamente as solicitudes de páxinas que se realizan cando se visitan os nosos sitios. Estes “rexistros de servidor” normalmente inclúen a solicitude web do usuario, o enderezo IP, o tipo de navegador, o idioma do navegador, a data e a hora da solicitude e unha ou máis cookies que poden identificar o seu navegador de forma exclusiva.

A continuación amosamos un exemplo dunha entrada típica dun rexistro que corresponde a unha busca de "coches":

123.45.67.89 - 25/Mar/2003 10:15:32 -
http://www.google.com/search?q=cars -
Chrome 112; OS X 10.15.7 -
740674ce2123e969
  • 123.45.67.89 é o enderezo do protocolo de Internet asignado ao usuario polo seu ISP. En función do servizo do usuario, o fornecedor de servizo pódelle asignar ao usuario un enderezo diferente cada vez que se conecte a Internet.
  • 25/Mar/2003 10:15:32 é a data e a hora da consulta.
  • http://www.google.com/search?q=cars é o URL solicitado, incluída a consulta de busca.
  • Chrome 112; OS X 10.15.7 son o navegador e o sistema operativo utilizados.
  • 740674ce2123a969 é o código de identificación de cookies exclusivo que se asignou a ese ordenador concreto a primeira vez que visitou Google. (Os usuarios poden eliminar as cookies. Se o usuario eliminou a cookie do ordenador desde a última vez que visitou Google, será o código de identificación de cookies exclusivo asignado ao dispositivo a próxima vez que visite Google desde ese dispositivo en concreto).

URL do referenciador

O Identificador Uniforme de Recursos (URL polas súas siglas en inglés) do referenciador é información transmitida a unha páxina web de destino por parte dun navegador web, normalmente cando fas clic nunha ligazón para acceder a esa páxina web. O URL do referenciador contén o URL da última páxina web visitada polo navegador.

Contexto adicional

a túa actividade noutros sitios e aplicacións

Esta actividade pode proceder do uso que fas dos servizos de Google: a sincronización da túa conta con Chrome, as visitas que fas a sitios e aplicacións que se asocian con Google, etc. Moitos sitios web e aplicacións asócianse con Google para mellorar o seu contido e servizos. Por exemplo, un sitio pode utilizar os nosos servizos de publicidade (como AdSense) ou ferramentas de análise (como Google Analytics), ou pode incorporar outros contidos (como vídeos de YouTube). É posible que estes servizos compartan información sobre a túa actividade con Google e, dependendo da configuración da túa conta e dos produtos que utilices (por exemplo, cando un socio usa Google Analytics xunto cos nosos servizos de publicidade), estes datos pódense asociar coa túa información persoal.

Máis información acerca de como utiliza Google os datos cando usas sitios ou aplicacións dos nosos socios.

actividade en sitios e aplicacións de terceiros que utilizan os nosos servizos

Os sitios web e as aplicacións que teñen integrados servizos de Google, como produtos publicitarios e estatísticos, comparten información connosco.

Esta información recompílase independentemente do navegador e do modo de navegación que utilices. Por exemplo, aínda que o modo de incógnito de Chrome pode axudarche a manter a túa actividade de navegación en privado para que as demais persoas que usan o dispositivo non poidan vela, os sitios e as aplicacións de terceiros que teñen integrados os nosos servizos poden compartir información con Google cando accedes a eles.

Podes obter máis información sobre algunhas das maneiras en que podes controlar a información que se comparte cando visitas sitios e aplicacións que usan os servizos de Google ou cando interactúas con ese tipo de plataformas.

Actividade nos servizos de Google

Se tes a sesión iniciada na túa Conta de Google e tes activada a opción de configuración Actividade web e das aplicacións, os datos da túa actividade nos sitios, aplicacións e servizos de Google pódense gardar nese axuste da túa conta. Parte da actividade pode incluír información sobre a zona xeral na que te atopabas ao usar o servizo de Google en cuestión. Ao usar unha zona xeral para buscar algo, utilizarase unha superficie que mida polo menos 3 km² ou ampliarase ata que a zona represente as localizacións de 1000 persoas como mínimo. Deste xeito, protéxese a túa privacidade.

Nalgúns casos, as zonas desde as que fixeches buscas anteriormente poden usarse para estimar unha localización relevante para a túa busca. Por exemplo, se estás en Ourense e buscas churrascarías, Google podería mostrarche resultados de Ourense en futuras buscas.

Podes ver e controlar a información da opción de configuración Actividade web e das aplicacións en A miña Actividade.

anuncios personalizados

Tamén é posible que vexas anuncios personalizados en función da información do anunciante. Se realizaches unha compra no sitio web dun anunciante, por exemplo, este poderá usar a información desa visita para mostrarche anuncios. Máis información

As visualizacións e interaccións con contido e anuncios

Por exemplo, recompilamos información sobre as visualizacións e as interaccións cos anuncios para poder ofrecer aos anunciantes informes agregados nos que se lles indique se publicamos o seu anuncio nunha páxina determinada e se hai posibilidades de que o vexan os espectadores. Tamén podemos medir outras interaccións: como moves o rato sobre un anuncio, se interactúas coa páxina na que este último aparece, etc.

categorías sensibles

Ao mostrarche anuncios personalizados, utilizamos temas que pensamos que poden ser do teu interese baseándonos na túa actividade. Por exemplo, é posible que vexas anuncios de cousas como "Cociña e receitas" ou "Viaxes en avión". Non utilizamos temas nin mostramos anuncios personalizados baseados en categorías sensibles como a raza, a relixión, a orientación sexual ou a saúde, e esiximos o mesmo dos anunciantes que utilizan os nosos servizos.

detectar usos inadecuados

Se detectamos nos nosos sistemas spam, software malicioso, contido ilegal (como material relacionado coa explotación e o abuso sexual infantil) ou outras formas de uso inadecuado que infrinxan as nosas políticas, podemos desactivar a túa conta ou ben levar a cabo outras accións necesarias. En determinadas circunstancias, tamén podemos informar da infracción ás autoridades competentes.

dispositivo Android con aplicacións de Google

Entre os dispositivos Android con aplicacións de Google inclúense os dispositivos vendidos por Google ou un dos nosos socios, como os teléfonos, as cámaras, os vehículos, os dispositivos que se poden levar postos e as televisións. Estes usan os Servizos de Google Play e outras aplicacións preinstaladas, entre as que se inclúen Gmail, Maps, a cámara e o marcador do teléfono, a síntese de voz, a entrada do teclado e as funcións de seguranza. Máis información sobre os servizos de Google Play.

dispositivos

Por exemplo, podemos usar información dos teus dispositivos para axudarche a decidir que dispositivo usar ao instalar unha aplicación ou ver unha película que compraches en Google Play. Ademais, utilizamos estes datos para protexer a túa conta.

facer melloras

Por exemplo, utilizamos cookies para analizar como interactúan os usuarios cos nosos servizos. Esta análise pode axudarnos a crear produtos mellores, pois permítenos detectar que lles está levando demasiado tempo aos usuarios completar unha determinada tarefa, que teñen problemas para completar os pasos, etc. Nese caso, podemos redeseñar esa función e mellorar o produto para todo o mundo.

fontes ás que se pode acceder publicamente

Por exemplo, podemos recompilar información que estea dispoñible publicamente en liña ou noutras fontes públicas para aplicala aos modelos de IA de Google e crear produtos e funcións como o Tradutor de Google, as aplicacións con Gemini e as opcións de IA na nube. Se a información da túa empresa aparece nun sitio web, podemos indexala e mostrala nos servizos de Google.

fornecemento dos nosos servizos

A continuación ofrécense exemplos de como usamos a túa información para ofrecer os nosos servizos:

  • Utilizamos o enderezo IP asignado ao teu dispositivo para enviarche os datos que solicitaches, por exemplo, para cargar un vídeo de YouTube.
  • Utilizamos identificadores únicos almacenados nas cookies do dispositivo para axudarnos a autenticarte como a persoa que debería ter acceso á túa conta de Google.
  • As fotos e os vídeos que cargas en Google Fotos utilízanse para axudarche a crear álbums, colaxes e outras creacións que podes compartir. Máis información
  • Un correo electrónico de confirmación dun voo recibido pode utilizarse para crear un botón de facturación que se mostre na túa conta de Gmail.
  • Cando compras servizos ou produtos físicos a través dos nosos servizos, podes indicarnos información, como o teu enderezo de envío ou as instrucións de entrega. Utilizamos estes datos para o procesamento, a preparación e a entrega do teu pedido, así como para ofrecer asistencia en relación co produto ou servizo que compres.

garantir e mellorar

Por exemplo, analizamos como interactúan os usuarios coa publicidade para mellorar o rendemento dos nosos anuncios.

garantir que os nosos servizos funcionen do xeito previsto

Por exemplo, Google supervisa continuamente os seus sistemas para detectar problemas. Se atopamos algún erro nunha función específica, a revisión da información da actividade recompilada antes de producirse o problema permítenos solucionalo con máis rapidez.

información de pago

Por exemplo, se engades unha tarxeta de crédito ou outro método de pago á túa conta de Google, podes usalo para realizar compras nos nosos servizos, como aplicacións en Play Store. Tamén podemos solicitar outra información, como un número de identificación fiscal de empresa, para procesar o pago. Nalgúns casos tamén necesitaremos verificar a túa identidade e pedirémosche a información que nos faga falta.

Tamén podemos utilizar a información de pago para verificar que cumpres os requisitos de idade se, por exemplo, introduces unha data de nacemento incorrecta que indica que non tes idade suficiente para contar cunha conta de Google. Máis información

información sobre cousas situadas preto do teu dispositivo

Se utilizas os servizos de localización de Google en Android, poderemos mellorar o rendemento das aplicacións que dependen da túa localización, como Google Maps. Se usas os servizos mencionados, o dispositivo envía información a Google acerca da súa localización, dos sensores (como o acelerómetro), das antenas de telefonía móbil e dos puntos de acceso wifi próximos (como o enderezo MAC e a intensidade do sinal). Todos estes factores axudan a determinar a túa localización. Podes utilizar a configuración do teu dispositivo para activar os servizos de localización de Google. Máis información

Leis estatais dos EUA sobre privacidade

Estas leis inclúen:

  • lei californiana de privacidade do consumidor (CCPA)
  • lei de Virxinia de protección de datos do consumidor (VCDPA)
  • lei de Colorado de privacidade (CPA)
  • lei de Connecticut de privacidade dos datos persoais e seguimento en liña (CTDPA)
  • lei de Utah de privacidade do consumidor (UCPA)

Lugares que etiquetas, como a casa e o traballo

Podes gardar na túa Conta de Google lugares que sexan importantes para ti, como a túa casa ou o teu traballo. Se defines os teus enderezos da casa ou do traballo, pódense usar para axudar a que fagas cousas máis facilmente, como obter indicacións ou atopar resultados máis próximos a eses dous lugares, e para mostrarche anuncios máis útiles.

Podes editar ou eliminar os enderezos particular e do traballo cando queiras desde a túa Conta de Google.

Cando moitos usuarios comezan a buscar algo, isto pode proporcionar información útil sobre determinadas tendencias nese momento. Tendencias de Google analiza as buscas web de Google para determinar a súa popularidade nun período de tempo concreto e publica os resultados como datos conxuntos. Máis información

número de teléfono

Se engades o teu número de teléfono á túa conta, pódese utilizar para diferentes fins nos servizos de Google (dependendo da configuración que teñas establecida). Por exemplo, pódese usar para axudarche a acceder á túa conta se esqueces o contrasinal, para axudar a outras persoas a atoparte e a conectar contigo, e para facer que os anuncios que ves sexan máis relevantes. Máis información

o público

Por exemplo, procesamos información sobre solicitudes de eliminación de contido dos nosos servizos conforme ás políticas de eliminación de contido de Google ou á lexislación aplicable a fin de avaliar cada solicitude, así como garantir a transparencia, mellorar a responsabilidade proactiva e evitar o uso inadecuado e a fraude nestas prácticas.

os anuncios que che poden resultar máis útiles

Por exemplo, se reproduces vídeos sobre pastelería en YouTube, pódense mostrar máis anuncios relacionados con este tema cando navegues pola web. Tamén podemos utilizar o enderezo IP para determinar a túa localización aproximada, de tal modo que se buscas "pizza", podemos mostrarche anuncios dun servizo de envío de pizza a domicilio próximo. Máis información sobre os anuncios de Google e sobre por que ves anuncios concretos.

Os datos de voz e de audio

Por exemplo, podes escoller se queres que Google garde unha gravación de audio na túa Conta de Google cando interactúes coa Busca de Google, o Asistente e Maps. Cando o teu dispositivo detecta un comando de activación de audio, como “Hey Google”, Google grava a túa voz e audio mais uns segundos anteriores á activación. Máis información

Os datos do sensor do dispositivo

É posible que o dispositivo teña sensores que se poden usar para comprender mellor a túa localización e os teus movementos. Por exemplo, pódese utilizar un acelerómetro para determinar a túa velocidade e un xiroscopio para descubrir a onde te dirixes. Consulta Como utiliza Google a información de localización?

os nosos usuarios

Por exemplo, para evitar o uso inadecuado e aumentar a transparencia e a responsabilidade proactiva sobre as nosas prácticas de moderación de contidos en liña, Google comparte datos relativos ás solicitudes de eliminación de contido dos nosos servizos con Lumen, que recompila e analiza estas solicitudes para facilitar a investigación a fin de axudar aos usuarios de Internet a comprender os seus dereitos. Máis información.

os usuarios que máis che importan en liña

Por exemplo, cando escribas un enderezo no campo Para, Cc ou Cco dunha mensaxe de correo electrónico que esteas redactando, Gmail suxerirá enderezos en función das persoas coas que contactas con maior frecuencia.

Google Analytics utiliza cookies propias, o cal significa que estas as define o cliente de Google Analytics. Mediante os nosos sistemas, os datos xerados a través de Google Analytics poden vincularse, a través de Google e o cliente de Google Analytics, a cookies de terceiros relacionadas con visitas a outros sitios web, por exemplo, cando un anunciante quere usar os seus datos de Google Analytics para crear anuncios máis relevantes ou para analizar con máis detalles o seu tráfico. Máis información

Como outras compañías tecnolóxicas e de comunicacións, Google recibe frecuentemente solicitudes de gobernos e tribunais de todo o mundo para revelar datos de usuarios. O respecto pola privacidade e a seguranza dos datos que almacenas con Google é o piar sobre o que se sustenta a nosa estratexia para cumprir estas solicitudes legais. O noso equipo xurídico revisa todas as solicitudes, independentemente do tipo do que se traten e, moitas veces, non as atendemos cando semellan ser demasiado xerais ou non seguen o procedemento correcto. Obtén máis información no noso Informe de transparencia.

protección contra abusos

Por exemplo, a información sobre as ameazas contra a seguranza pode axudarnos a enviarche unha notificación se cremos que a túa conta foi obxecto dun uso fraudulento (momento no que poderemos axudarche a tomar as medidas necesarias para protexela).

Por exemplo, cando teñas iniciada sesión na túa conta de Google e teñas o control Actividade web e das aplicacións activado, obterás resultados de busca máis relevantes baseados nas buscas e na actividade que realizaches anteriormente noutros servizos de Google. Podes consultar máis información aquí. Tamén podes conseguir resultados de busca personalizados aínda que teñas a sesión pechada. Se non queres dispoñer deste nivel de personalización da busca, podes facer buscas e navegar de forma privada ou desactivar a personalización das buscas coa sesión pechada.

se asocian con Google

Existen máis de 2 millóns de sitios web e aplicacións alleos a Google que se asocian con Google para mostrar anuncios. Máis información

seguranza e fiabilidade

A continuación facilítanse algúns exemplos de como usamos a túa información para axudar a manter a seguranza e fiabilidade dos nosos servizos:

  • Recompilando e analizando enderezos IP e datos de cookies para ofrecer protección contra o uso inadecuado automatizado. Este uso inadecuado presenta diferentes formas, como o envío de spam a usuarios de Gmail, o roubo de diñeiro de anunciantes ao facer clic en anuncios de forma fraudulenta ou a censura de contido ao lanzar un ataque distribuído de denegación de servizo.
  • A función de Gmail Última actividade na conta pode axudarche a detectar se alguén accedeu ao teu correo electrónico sen o teu consentimento. Ademais, móstrache información acerca da actividade recente en Gmail, como os enderezos IP que accederon ao teu correo, a localización asociada e a hora e a data do acceso. Máis información

servidores por todo o mundo

Por exemplo, xestionamos centros de datos localizados por todo o mundo para que os nosos produtos estean dispoñibles continuamente para os usuarios.

servizos de publicidade e investigación no seu nome

Por exemplo, os comerciantes poden cargar datos dos seus programas de tarxetas de fidelidade para que poidan incluír información de fidelización nos resultados de busca ou de compras, ou ben entender mellor o rendemento das súas campañas publicitarias. Google só ofrece aos anunciantes informes agregados nos que non se revela información sobre persoas particulares.

servizos específicos de Google

Por exemplo, podes eliminar o teu blog de Blogger ou dun sitio de Google da túa propiedade de Google Sites. Tamén podes borrar recensións que realizases en aplicacións, xogos e outros contidos de Play Store.

servizos para facer e recibir chamadas ou enviar e recibir mensaxes

Entre estes servizos inclúense os seguintes:

  • Google Voice, para facer e recibir chamadas, enviar mensaxes de texto e xestionar o correo de voz
  • Google Meet, para facer e recibir videochamadas
  • Gmail, para enviar e recibir correos electrónicos
  • Google Chat, para enviar e recibir mensaxes
  • Google Duo, para facer e recibir videochamadas, e para enviar e recibir mensaxes
  • Google Fi, para usar un plan de telefonía

sincronizaches coa túa conta de Google

O historial de navegación de Chrome só se gardará na túa conta se activaches a sincronización de Chrome coa túa conta de Google. Máis información

socios específicos

Por exemplo, permitimos que os creadores e os anunciantes de YouTube traballen con compañías de medición para obter información sobre o público que teñen os seus vídeos ou anuncios de YouTube utilizando cookies ou tecnoloxías similares. Outro exemplo son os comerciantes das nosas páxinas de compras: utilizan cookies para obter información acerca do número de usuarios diferentes que consultan as súas listas de produtos. Obtén máis información sobre estes socios e sobre como utilizan a túa información.

terceiros

Por exemplo, procesamos a túa información para ofrecer informes coas estatísticas de uso aos titulares dos dereitos sobre como se utilizou o seu contido nos nosos servizos. Tamén podemos procesar a túa información se outros usuarios buscan o teu nome e mostramos resultados de busca de sitios que conteñen información dispoñible publicamente sobre ti.

usar a información que recompilamos a través dos nosos servizos

A continuación indícanse exemplos de como usamos a información que recompilamos a través dos nosos servizos, se ben todo dependerá da configuración que teñas definida en cada momento:

  • Se inicias sesión na túa conta de Google e realizas buscas en Google, podes ver os resultados de busca da web pública, xunto con información relevante dos contidos que tes noutros produtos de Google, como Gmail ou Google Calendar. Estes datos poden incluír o estado dos teus próximos voos, as reservas en restaurantes e hoteis ou as túas fotos. Máis información
  • Se te comunicaches con alguén a través de Gmail e queres engadilo a un documento de Google ou a un evento de Google Calendar, Google facilita esta tarefa completando automaticamente o seu enderezo de correo electrónico cando comezas a escribir o seu nome. Con esta función é máis fácil compartir contido coas persoas que coñeces. Máis información
  • A aplicación Google pode usar os datos que almacenaches noutros produtos de Google para mostrarche contidos personalizados dependendo da túa configuración. Por exemplo, se tes buscas almacenadas na túa Actividade web e das aplicacións, a aplicación Google pode amosarche artigos de noticias e outra información sobre os teus intereses, como resultados deportivos, baseándose na túa actividade.
  • Se conectas a túa Conta de Google a Google Home, podes xestionar a túa información e facer tarefas a través do Asistente de Google. Por exemplo, podes engadir eventos a Google Calendar ou consultar como tes programado o día, solicitar actualizacións de estado do teu próximo voo ou enviar información ao teléfono (como indicacións para chegar en coche). Máis información
  • Se resides na UE, as decisións que tomes con respecto á vinculación dos servizos influirán na maneira en que algúns servizos de Google poden usar os datos nos nosos servizos.

utilizan cookies para funcionar correctamente

Por exemplo, utilizamos unha cookie denominada "lbcs" que permite abrir varios documentos de Documentos de Google nun navegador. O bloqueo desta cookie impediría que Documentos de Google funcionase do xeito esperado. Máis información

Aplicacións de Google
Menú principal