Esta é unha versión arquivada da nosa política de privacidade. Consulta a versión actual ou todas as versións anteriores.

Política de privacidade

Información obtida por Google

Como usamos a información obtida

Transparencia e liberdade de escolla

Información compartida por vostede

Acceder aos seus datos persoais e actualizalos

A información que compartimos

Seguridade da información

Cando se aplica esta política de privacidade

Cumprimento e cooperación coas autoridades reguladoras

Modificacións

Prácticas de produtos específicos

Outro material de utilidade relacionado coa privacidade e a seguridade

Última modificación: 25 Febreiro 2015 (ver versións arquivadas)

Pode utilizar os nosos servizos de moitas maneiras, tanto para buscar e compartir información como para comunicarse con outros usuarios ou para crear contido novo. Se comparte información connosco (por exemplo, ao crear unha conta de Google), poderemos mellorar aínda máis eses servizos ao mostrar resultados e anuncios de busca que lle resulten máis relevantes, axudarlle a establecer contacto con outros usuarios ou permitir que comparta contido con outros usuarios con maior facilidade e rapidez. Como usuario dos nosos servizos, queremos informalo claramente acerca de como utilizamos os seus datos e de como pode protexer a súa privacidade.

Na nosa Política de privacidade explícase o seguinte:

  • Que datos recollemos e os fins para os que levamos a cabo a súa recollida.
  • Como empregamos esa información.
  • As opcións que ofrecemos, incluído como acceder aos datos e actualizalos.

Tentamos que as explicacións sexan o máis sinxelas posible, pero se non está familiarizado con termos como cookies, enderezos IP, contadores de visitas ou navegadores, consulte esta páxina para entender estes termos clave antes de continuar. A súa privacidade é importante, por iso recomendamos que se familiarice coas nosas prácticas, tanto se acaba de empezar a usar Google como se leva usándoo moito tempo, e que se e que se poña en contacto connosco se ten algunha pregunta.

Información obtida por Google

Recompilamos información para mellorar os servizos que ofrecemos a todos os nosos usuarios: por exemplo, podemos deducir aspectos básicos, como o idioma que falan, ou elementos máis complexos, como os anuncios que lles poden resultar máis útiles, os usuarios que máis lles importan na web ou que vídeos de YouTube lles poden gustar.

Seguimos dous procedementos para obtermos información:

  • Información que nos facilita. Por exemplo, para usar moitos dos nosos servizos debe rexistrarse para obter unha conta de Google. Durante este proceso pedirémoslle información persoal, como o seu nome, o seu enderezo de correo electrónico, o seu número de teléfono ou os datos da súa tarxeta de crédito. Se quere aproveitar ao máximo as opcións para compartir dispoñibles, pode crear un perfil de Google público que inclúa o seu nome e a súa foto.

  • Información que obtemos a través do uso dos servizos. Recompilamos información sobre os servizos que utiliza e como os utiliza, como cando reproduce un vídeo en YouTube, se accede a un sitio web que usa os nosos servizos de publicidade ou se ve os nosos anuncios e o noso contido e interactúa con eles. Esta información inclúe:

    • Información sobre o dispositivo

      Recompilamos datos específicos sobre o seu dispositivo (por exemplo, o modelo de equipo, a versión do sistema operativo, os identificadores únicos e os datos sobre a rede móbil, incluído o número de teléfono). Google poderá asociar os identificadores do seu dispositivo ou o seu número de teléfono coa súa conta de Google.

    • Información de rexistro

      Cada vez que utiliza os nosos servizos ou consulta o noso contido, recompilamos e almacenamos determinada información nos rexistros do servidor de forma automática nos rexistros do servidor. Esta información inclúe:

      • Información detallada sobre o uso do servizo (por exemplo, as consultas de busca).
      • Información de rexistros telefónicos (por exemplo, o número de teléfono, o número do emisor da chamada, os números de transferencias, a hora e a data das chamadas, a súa duración, a información sobre o enrutamento de mensaxes SMS e os tipos de chamadas).
      • Enderezo do protocolo da Internet.
      • Información sobre eventos relacionados co dispositivo, o que inclúe información sobre fallos, actividade do sistema, configuración do hardware, tipo e idioma do navegador, data e hora da solicitude e URL de referencia.
      • Cookies que permitan identificar de forma única o seu navegador ou a súa conta de Google.
    • Información de situación

      Ao utilizar servizos de Google, poderemos levar a cabo a recompilación e o tratamento de datos acerca da súa localización real. Utilizamos distintas tecnoloxías para detectar a localización, incluído o enderezo IP, o sistema GPS e outros sensores que poden proporcionar a Google información sobre os dispositivos, os puntos de acceso wifi e as antenas de telefonía móbil máis próximos.

    • Números exclusivos de aplicación

      Algúns servizos inclúen un número exclusivo de aplicación. Este número e a información sobre o seu equipamento (por exemplo, o tipo de sistema operativo ou o número de versión da aplicación) pódense enviar a Google ao instalar ou desinstalar este servizo ou cando o servizo establece contacto cos servidores de forma periódica para, por exemplo, buscar actualizacións automáticas.

    • Almacenamento local

      Podemos obter e almacenar información de forma local no dispositivo (incluída a súa información persoal) a través do sistema de almacenamento web do navegador (incluído HTML 5) e das memorias caché de datos de aplicacións.

    • Cookies e identificadores anónimos

      Os nosos socios e nós utilizamos diferentes tecnoloxías para recompilarmos e almacenarmos información cando accede a un servizo de Google, incluído o envío dunha ou varias cookies ou de identificadores anónimos ao seu dispositivo. Tamén utilizamos cookies e identificadores anónimos cando interactúa cos servizos que lles proporcionamos aos nosos socios, como os servizos de publicidade ou as funcións de Google que poden aparecer noutros sitios. O noso produto Google Analytics axuda as empresas e os propietarios dos sitios a analizar o tráfico recibido nos seus sitios web e aplicacións. Cando se utiliza xunto cos nosos servizos de publicidade, como os que utilizan a cookie DoubleClick, a información de Google Analytics está ligada, mediante tecnoloxía de Google, con información sobre visitas a varios sitios.

Como usamos a información obtida

A información que extraemos de todos os nosos servizos permítenos proporcionar, manter, protexer e mellorar os devanditos servizos, desenvolver outros servizos novos e protexer Google e os nosos usuarios. Tamén utilizamos estes datos para ofrecerlle contido personalizado como, por exemplo, resultados de busca e anuncios máis relevantes.

Podemos usar o nome que proporcione para o seu perfil de Google en todos aqueles servizos para cuxa utilización sexa necesario dispoñer dunha conta de Google. Ademais, poderemos substituír os nomes que asociase con anterioridade á súa conta de Google de modo que estea identificado de forma coherente en todos os nosos servizos. Se outros usuarios xa teñen o seu correo electrónico ou outra información que o identifique, é posible que lles permitamos ver a información pública do seu perfil de Google, como o seu nome e a súa foto.

Se dispón dunha conta de Google, é posible que mostremos o seu nome e foto de perfil e as accións que leva a cabo en Google ou en aplicacións de terceiros relacionadas coa súa conta de Google (como os +1 e os comentarios que escribe ou publica) nos nosos Servizos, así como en anuncios e noutros contextos comerciais. Respectaremos as decisións que tome para limitar a configuración de uso compartido ou visibilidade da súa conta de Google.

Se se pon en contacto con Google, gardaremos un rexistro da súa comunicación para podermos resolver máis facilmente calquera incidencia que se produza. Tamén é posible que utilicemos o seu enderezo de correo electrónico para enviarlle información sobre os nosos servizos, incluída información sobre as melloras ou as modificacións que se vaian implementar proximamente.

Utilizaremos os datos recollidos a través das cookies e doutras tecnoloxías como, por exemplo, os contadores de visitas, para mellorarmos a experiencia de usuario e a calidade xeral dos nosos servizos. Un dos produtos que utilizamos para logralo nos nosos propios servizos é Google Analytics. Por exemplo, ao gardar as súas preferencias de idioma, poderemos facer que os nosos servizos aparezan no idioma que prefira. Cando lle mostremos anuncios personalizados, non asociaremos cookies ou identificadores anónimos a categorías sensibles, como as relativas á raza, relixión, orientación sexual ou saúde.

Os nosos sistemas automatizados analizan o seu contido, incluídos os correos electrónicos, para proporcionarlle as funcións persoalmente relevantes dos produtos, como resultados de busca personalizados, publicidade a medida e detección de spam e software malicioso.

Podemos combinar a información persoal dun servizo coa información doutros servizos de Google, incluída a información persoal, para que poida compartir contido con usuarios que coñeza máis facilmente, entre outros usos. Non combinaremos os datos das cookies de DoubleClick con datos de carácter persoal, excepto en caso de que preste o seu consentimento para tal efecto.

Pedirémoslle o seu consentimento previo para usar calquera tipo de información cun fin que non estea recollido nesta Política de privacidade.

Google procesa información persoal en servidores situados en distintos países do mundo. Polo tanto, é posible que procesemos a súa información persoal nun servidor que non estea situado no seu país de residencia.

Transparencia e liberdade de escolla

Os usuarios preocúpanse por diferentes cuestións relacionadas coa privacidade. O noso obxectivo consiste en ofrecer información clara sobre os datos que obtemos para que os usuarios poidan tomar decisións axeitadas con relación ao seu uso. Por exemplo:

  • Visite o historial da súa conta de Google para acceder a configuración que lle permite controlar a recompilación de información persoal dos servizos de Google, como a Busca, YouTube e o Historial de localizacións.
  • Pode usar o panel de control de Google para revisar e controlar determinados tipos de información ligados á súa conta de Google.
  • Pode consultar e editar as súas preferencias sobre os anuncios de Google que se mostran en Google e na web (por exemplo, as categorías que lle interesen), utilizando a Configuración de anuncios Aquí tamén pode deshabilitar algúns servizos de publicidade de Google.
  • Pode definir como se mostra aos demais usuarios o perfil asociado coa súa conta de Google.
  • Pode controlar con quen comparte información a través da súa conta de Google.
  • Pode obter información asociada coa súa conta de Google a partir de moitos dos nosos servizos.
  • Pode decidir se quere que o seu nome e foto de perfil aparezan nas recomendacións compartidas que aparecen nos anuncios.

Tamén pode configurar o seu navegador para que bloquee todas as cookies, incluídas as cookies asociadas aos nosos servizos, ou para saber cando é Google quen envía a cookie. Non obstante, debe ter en conta que se deshabilita as cookies, é posible que moitos dos nosos servizos non funcionen correctamente. Por exemplo, é posible que non lembremos as preferencias de idioma.

Información compartida por vostede

Moitos dos nosos servizos permiten compartir información con outros usuarios. Teña en conta que os motores de busca, incluído Google, poden indexar a información que comparta de forma pública. Os nosos servizos ofrécenlle diferentes opcións para compartir ou eliminar contidos.

Acceder aos seus datos persoais e actualizalos

Cada vez que usa un servizo de Google, intentamos que poida acceder á súa información persoal. Se esa información non é correcta, tratamos de ofrecer os medios para actualizala rapidamente ou para eliminala (excepto se debemos conservala con fins legais ou comerciais lexítimos). Ao actualizar a súa información persoal, é posible que deba verificar a súa identidade para que poidamos procesar a súa solicitude.

Podemos rexeitar as solicitudes que sexan máis repetitivas, as que requiran un esforzo técnico desproporcionado (por exemplo, que sexa necesario desenvolver un novo sistema ou cambiar de forma radical algunha práctica existente), as que poñan en perigo a privacidade de terceiros ou as que non sexan nada prácticas (por exemplo, as solicitudes que fagan referencia a información almacenada en copias de seguridade).

Cando poidamos ofrecerlle a posibilidade de acceder aos seus datos persoais e modificalos, farémolo de forma gratuíta, excepto en caso de que isto requira un esforzo desproporcionado. Ao prestar os nosos servizos, desexamos protexer os seus datos procurando que non poidan eliminarse de forma accidental ou intencionada. Por este motivo, aínda que elimine os seus datos dos nosos servizos, é posible que non destruamos de inmediato as copias residuais almacenadas nos nosos servidores activos nin os datos almacenados nos nosos sistemas de seguridade.

A información que compartimos

Non compartimos información persoal con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google, excepto no caso dalgunha das seguintes circunstancias:

  • Co seu consentimento

    Compartiremos información persoal con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google se nos permite facelo. Necesitamos o consentimento do usuario para facilitar calquera tipo de información persoal confidencial.

  • Con administradores de dominio

    Se un administrador do dominio se encarga de xestionar a súa conta de Google (por exemplo, se é usuario de Google Apps), o administrador do seu dominio e os distribuidores encargados de proporcionar asistencia ao usuario para a súa organización poderán acceder á información da súa conta de Google (incluídos o seu correo electrónico e outros datos). O administrador do seu dominio poderá:

    • Consultar estatísticas relacionadas coa súa conta, como as relativas ás aplicacións que instale.
    • Cambiar o contrasinal da súa conta.
    • Suspender ou cancelar o acceso á súa conta.
    • Acceder a datos almacenados en relación coa súa conta ou conservar os devanditos datos.
    • Obter a información da súa conta necesaria para cumprir coa lexislación ou a normativa aplicables, os procesos legais ou as esixencias gobernamentais vixentes.
    • Limitar a súa capacidade para eliminar ou editar a información ou a configuración de privacidade.

    Para obter máis información, consulte a política de privacidade do administrador do seu dominio.

  • Para o procesamento externo

    Proporcionamos información persoal ás nosas filiais ou a outras empresas ou particulares de confianza para que a procesen no noso nome, sempre que sigan as nosas instrucións de conformidade coa nosa Política de privacidade e cumpran as medidas de confidencialidade e de seguridade oportunas.

  • Por cuestións xurídicas

    Compartiremos información persoal con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google se cremos de boa fe que existe unha necesidade razoable de acceder á devandita información, de usala, de conservala ou de revelala para:

    • Cumprir coa lexislación ou coa normativa aplicables, cos procesos legais ou coas esixencias gobernamentais vixentes.
    • Aplicar as Condicións de servizo pertinentes, incluída a investigación de posibles infraccións.
    • Detectar ou previr a fraude e as incidencias técnicas ou de seguridade ou facerlles fronte doutro modo.
    • Protexer os dereitos, a propiedade ou a seguridade de Google, dos nosos usuarios ou do público en xeral na medida esixida ou permitida pola lexislación aplicable.

Podemos compartir información consolidada de carácter non persoal co público e cos nosos socios, incluídos editores, anunciantes ou sitios conectados. Por exemplo, podemos compartir publicamente información para amosar tendencias sobre a utilización xeral dos nosos servizos.

Se Google participa nunha fusión, adquisición ou venda de activos, asegurarémonos de manter a confidencialidade dos datos persoais e informaremos os usuarios afectados antes de que os seus datos persoais se transfiran ou pasen a estar suxeitos a unha política de privacidade diferente.

Seguridade da información

Esforzámonos por protexer Google e os seus usuarios fronte a operacións non autorizadas de modificación, divulgación ou destrución da información que almacenamos ou fronte ao acceso non autorizado a esta. En particular:

  • Ciframos moitos dos nosos servizos mediante SSL.
  • Ofrecemos a posibilidade de configurar a verificación en dous pasos para acceder ás contas de Google, así como unha función de navegación segura en Google Chrome.
  • Revisamos as prácticas de procesamento, de almacenamento e de obtención de información, incluídas as medidas físicas de seguridade, para evitarmos que se produzan accesos non autorizados aos nosos sistemas.
  • Limitamos o acceso á información persoal almacenada aos contratistas, axentes e empregados de Google que precisan coñecer a devandita información para que a procesen. Todos eles están obrigados a cumprir coas estritas esixencias contractuais relativas á confidencialidade e, de incumprírenas, abriríaselles o expediente disciplinario pertinente ou procederíase ao seu despedimento.

Cando se aplica esta política de privacidade

A nosa Política de privacidade aplícase a todos os servizos que prestan Google Inc. e as súas filiais, incluído YouTube e os que se ofrecen noutros sitios (por exemplo, os servizos de publicidade), excepto se están suxeitos a políticas de privacidade independentes que non se inclúen nesta Política de privacidade.

A nosa Política de privacidade non se aplica aos servizos fornecidos por outras empresas ou particulares, incluídos os produtos ou sitios que poidan aparecer nos resultados da busca e os sitios que poidan incluír servizos de Google ou aos que se acceda desde os devanditos servizos. A nosa Política de privacidade non cobre o tratamento da información doutras empresas e organizacións que anuncien os nosos servizos ou que usen cookies, contadores de visitas ou outras tecnoloxías para publicar e ofrecer anuncios relevantes.

Cumprimento e cooperación coas autoridades reguladoras

En Google verificamos o cumprimento da nosa Política de privacidade de forma regular. Tamén cumprimos con varios esquemas de autorregulación. En caso de que recibamos unha reclamación formal por escrito, porémonos en contacto coa persoa que a presentou para facermos un seguimento dela. Porémonos en contacto coas autoridades reguladoras pertinentes, incluídas as autoridades locais encargadas da protección de datos, para resolver calquera reclamación relacionada coa transferencia de información persoal que non poidamos solucionar directamente co usuario.

Modificacións

A nosa Política de privacidade poderase modificar en calquera momento. Non limitaremos os seus dereitos en virtude desta Política de privacidade sen o seu consentimento explícito. Publicaremos todas as modificacións da presente Política de privacidade nesta páxina e, se son significativas, efectuaremos unha notificación máis destacada (por exemplo, enviarémoslle unha notificación por correo electrónico se a modificación afecta a determinados servizos). Ademais, arquivaremos as versións anteriores desta Política de privacidade para que poida consultalas.

Prácticas de produtos específicos

A continuación ofrécese información sobre as prácticas de privacidade específicas dalgúns produtos e servizos de Google que pode usar:

Para obter máis información sobre os nosos servizos máis populares, consulte a Guía de privacidade de produtos de Google.

As páxinas das políticas e dos principios de Google ofrecen máis material útil relacionado coa privacidade e a seguridade, como:

"acceso á túa información persoal"

Por exemplo, co Panel de control de Google podes ver rápida e facilmente algúns dos datos asociados coa túa conta de Google. Máis información.

"anuncios que considerarás útiles"

Por exemplo, se visitas con frecuencia sitios web e blogs sobre xardinería, é posible que vexas anuncios relacionados coa xardinería cando navegues pola web. Máis información.

"servizos de publicidade"

Por exemplo, se visitas con frecuencia sitios web e blogs sobre xardinerí­a nos que se mostran os nosos anuncios, é posible que empeces a ver anuncios relacionados con esta afección cando navegues pola web. Máis información.

"e outros sensores"

O seu dispositivo pode ter sensores que proporcionan información para poder comprender mellor a súa localización. Por exemplo, pódese utilizar un acelerómetro para determinar datos como a velocidade, ou ben un xiroscopio para descubrir a orientación da viaxe. Máis información.

"recompilar información"

Aquí inclúese información como os teus datos e preferencias de uso, mensaxes de Gmail, perfil de G+, fotos, ví­deos, historial de navegación, buscas en mapas, documentos ou outro contido aloxado en Google. Máis información.

"combinar información persoal dun servizo con información, incluída información persoal, doutros servizos de Google"

Por exemplo, se inicias sesión na túa conta de Google e realizas buscas en Google, podes ver os resultados da busca da web pública, xunto con páxinas, fotos e publicacións de Google+ dos teus amigos, e as persoas que te coñecen ou te seguen en Google+ poden ver as túas publicacións e o teu perfil nos seus resultados. Máis información.

"conecta cos usuarios"

Por exemplo, podes recibir suxestións de persoas ás que quizais coñezas ou coas que queiras conectarte en Google+, en función das conexións que teñas cos usuarios noutros produtos de Google, como Gmail. Ademais, as persoas que teñen unha conexión contigo poden ver o teu perfil como unha suxestión. Máis información.

"tarxeta de crédito"

Aínda que actualmente non solicitamos a tarxeta de crédito durante o rexistro, verificar a túa idade a través dunha pequena transacción mediante tarxeta de crédito é unha maneira de confirmar que cumpres cos nosos requirimentos de idade en caso de que se desactivase a túa conta despois de inserir unha data de nacemento que indicase que non tes a idade suficiente para dispoñer dunha conta de Google. Máis información.

"desenvolver novos"

Por exemplo, o software de comprobación ortográfica de Google foi desenvolvido mediante a análise das buscas previas nas que os usuarios corrixiron a súa propia ortografía. Máis información.

"identificadores de dispositivos"

Os identificadores de dispositivos permiten a Google saber que dispositivo único estás utilizando para acceder aos nosos servizos e poden utilizarse para personalizar o noso servizo para o teu dispositivo ou para analizar calquera problema do dispositivo relacionado cos nosos servizos. Máis información.

"información específica do dispositivo"

Por exemplo, cando visitas Google Play desde o teu ordenador, Google pode utilizar esta información para axudarche a decidir en que dispositivos queres que estea dispoñible o uso das túas compras. Máis información.

"mellorar a túa experiencia de usuario"

Por exemplo, as cookies permítennos analizar o modo en que os usuarios interactúan cos nosos servizos. Máis información.

Do mesmo xeito que outras compañías tecnolóxicas e de comunicacións, Google recibe frecuentemente solicitudes de gobernos e tribunais de todo o mundo para entregar datos de usuarios. Máis información.

"limitar o uso compartido ou a configuración de visibilidade"

Por exemplo, pode seleccionar a súa configuración de modo que o seu nome e a súa foto non aparezan nun anuncio. Máis información.

"está ligada con información sobre visitas a varios sitios"

Google Analytics está baseado en cookies propias. Os datos xerados a través de Google Analytics poden ligarse, mediante tecnoloxía de Google, a cookies de terceiros, en relación a visitas a outros sitios web, por exemplo cando un anunciante quere usar os seus datos de Google Analytics para crear anuncios máis relevantes ou para analizar con máis detalles o seu tráfico. Máis información.

"é posible que recompilemos e procesemos información acerca da túa localización real"

Por exemplo, Google Maps pode centrar a vista dos mapas na túa localización actual. Máis información.

"é posible que non funcione correctamente"

Por exemplo, utilizamos unha cookie denominada "lbcs" que permite abrir varios documentos de Documentos de Google nun navegador. Máis información.

"e os nosos socios"

Permitimos ás empresas fiables utilizar cookies ou tecnoloxías similares para fins publicitarios e de investigación nos nosos servizos. Máis información.

"número de teléfono"

Por exemplo, se engades un número de teléfono como opción de recuperación e esqueces o teu contrasinal, Google poderá enviarche unha mensaxe de texto cun código para poder restablecelo. Máis información.

"protexer a Google e aos nosos usuarios"

Por exemplo, se che preocupa que accedan de xeito non autorizado ao teu correo electrónico, a función "Última actividade na conta" de Gmail móstrache información acerca da actividade recente no teu correo electrónico, como os enderezos IP que accederon ao teu correo, a localización asociada, a hora e a data. Máis información.

"compartir"

Por exemplo, con Google+, tes diferentes opcións para compartir. Máis información.

"compartir contido con outras persoas dun xeito máis rápido e fácil"

Por exemplo, se alguén xa é un contacto, Google completará automaticamente o seu nome se queres engadilo a unha mensaxe de Gmail. Máis información.

"as persoas que máis che importan en liña"

Por exemplo, cando escribas un enderezo no campo Para, Cc ou Cco dunha mensaxe que estás redactando, Gmail suxerirá enderezos da túa lista de contactos; Máis información.

"facilitar compartir contido coas persoas que coñeces"

Por exemplo, se te comunicaches con alguén a través de Gmail e queres engadilo a un documento de Google ou a un evento de Google Calendar, Google facilita esta tarefa completando automaticamente o seu enderezo de correo electrónico ao comezar a escribir o seu nome. Máis información.

"ver e interactuar cos nosos anuncios"

Por exemplo, informamos con regularidade aos anunciantes se publicamos o seu anuncio nunha páxina e se é probable que o anuncio fose visto polos usuarios (en comparación, por exemplo, con que o anuncio estea situado nunha parte da páxina ata a que os usuarios non se desprazaron). Máis información.

"É posible que compartamos publicamente información global que non sexa de identificación persoal"

Cando moitos usuarios comezan a buscar algo, isto pode proporcionar información moi útil sobre determinadas tendencias nese momento. Máis información.

"Puntos de acceso Wi-Fi e antenas de telefonía móbil"

Por exemplo, Google pode calcular a localización do seu dispositivo en función da localización coñecida de antenas de telefonía móbil próximas. Máis información.

"resultados da busca máis relevantes"

Por exemplo, podemos facer que as buscas resulten máis relevantes e interesantes para ti incluíndo fotos, publicacións, etc. de ti e dos teus amigos.

Máis información

"eliminación de contidos"

Por exemplo, podes eliminar o teu historial web, o teu blog, un sitio de Google da túa propiedade, a túa canle de YouTube, o teu perfil de Google+ ou a túa conta de Google completa.

Podes ver algunhas en Google Trends e en YouTube Trends.

Aplicacións de Google
Menú principal