Esta é unha versión arquivada da nosa política de privacidade. Consulta a versión actual ou todas as versións anteriores.

Política de privacidade

Última modificación: 18 de decembro de 2017 (ver versións arquivadas)

Pode utilizar os nosos servizos de moitas maneiras, tanto para buscar e compartir información como para comunicarse con outros usuarios ou para crear contido novo. Se comparte información connosco (por exemplo, ao crear unha conta de Google), poderemos mellorar aínda máis eses servizos ao mostrar resultados e anuncios de busca que lle resulten máis relevantes, axudarlle a establecer contacto con outros usuarios ou permitir que comparta contido con outros usuarios con maior facilidade e rapidez. Como usuario dos nosos servizos, queremos informalo claramente acerca de como utilizamos os seus datos e de como pode protexer a súa privacidade.

Na nosa Política de privacidade explícase o seguinte:

  • Que datos recollemos e os fins para os que levamos a cabo a súa recollida.
  • Como empregamos esa información.
  • As opcións que ofrecemos, incluído como acceder aos datos e actualizalos.

Tentamos que as explicacións sexan o máis sinxelas posible, pero se non está familiarizado con termos como cookies, enderezos IP, contadores de visitas ou navegadores, consulte esta páxina para entender estes termos clave antes de continuar. A súa privacidade é importante, por iso lle recomendamos que se familiarice coas nosas prácticas, tanto se acaba de empezar a usar Google como se leva usándoo moito tempo, e que se poña en contacto connosco se ten algunha pregunta.

Información obtida por Google

Recompilamos información para mellorar os servizos que ofrecemos a todos os nosos usuarios: por exemplo, podemos deducir aspectos básicos, como o idioma que falan, ou elementos máis complexos, como os anuncios que lles poden resultar máis útiles, os usuarios que máis lles importan na web ou que vídeos de YouTube lles poden gustar.

Recompilamos información das seguintes formas:

  • Información que nos facilita. Por exemplo, para usar moitos dos nosos servizos debe rexistrarse para obter unha conta de Google. Durante ese proceso, pedirémoslle información persoal, como o seu nome, o seu enderezo de correo electrónico, o seu número de teléfono ou os datos da súa tarxeta de crédito, para almacenar coa súa conta. Se quere aproveitar ao máximo as opcións para compartir dispoñibles, pode crear un perfil de Google público que inclúa o seu nome e a súa foto.

  • Información que obtemos a través do uso dos servizos. Recompilamos información sobre os servizos que utiliza e como os utiliza, como cando reproduce un vídeo en YouTube, se accede a un sitio web que usa os nosos servizos de publicidade ou se ve os nosos anuncios e o noso contido e interactúa con eles. Esta información inclúe:

    • Información sobre o dispositivo

      Recompilamos datos específicos sobre o seu dispositivo (por exemplo, o modelo de equipo, a versión do sistema operativo, os identificadores únicos e os datos sobre a rede móbil, incluído o número de teléfono). Google poderá asociar os identificadores do seu dispositivo ou o seu número de teléfono coa súa conta de Google.

    • Información de rexistro

      Cada vez que utiliza os nosos servizos ou consulta o noso contido, recompilamos e almacenamos determinada información nos rexistros do servidor de forma automática nos rexistros do servidor. Esta información inclúe:

      • Información detallada sobre o uso do servizo (por exemplo, as consultas de busca).
      • Información de rexistros telefónicos (por exemplo, o número de teléfono, o número do emisor da chamada, os números de transferencias, a hora e a data das chamadas, a súa duración, a información sobre o enrutamento de mensaxes SMS e os tipos de chamadas).
      • Enderezo do protocolo da Internet.
      • Información sobre eventos relacionados co dispositivo, o que inclúe información sobre fallos, actividade do sistema, configuración do hardware, tipo e idioma do navegador, data e hora da solicitude e URL de referencia.
      • Cookies que permitan identificar de forma única o seu navegador ou a súa conta de Google.
    • Información de situación

      Ao utilizar servizos de Google, poderemos levar a cabo a recompilación e o tratamento de datos acerca da súa localización real. Utilizamos distintas tecnoloxías para detectar a localización, incluído o enderezo IP, o sistema GPS e outros sensores que poden proporcionar a Google información sobre os dispositivos, os puntos de acceso wifi e as antenas de telefonía móbil máis próximos.

    • Números exclusivos de aplicación

      Algúns servizos inclúen un número exclusivo de aplicación. Este número e a información sobre o seu equipamento (por exemplo, o tipo de sistema operativo ou o número de versión da aplicación) pódense enviar a Google ao instalar ou desinstalar este servizo ou cando o servizo establece contacto cos servidores de forma periódica para, por exemplo, buscar actualizacións automáticas.

    • Almacenamento local

      Podemos obter e almacenar información de forma local no dispositivo (incluída a súa información persoal) a través do sistema de almacenamento web do navegador (incluído HTML 5) e das memorias caché de datos de aplicacións.

    • Cookies e tecnoloxías similares

      Os nosos socios e nós utilizamos diferentes tecnoloxías para recompilar e almacenar información cando accede a un servizo de Google, incluíndo o uso de cookies ou tecnoloxías similares para identificar o seu navegador ou dispositivo. Tamén utilizamos estas tecnoloxías para recompilar e almacenar información cando interactúa cos servizos que lle proporcionamos aos nosos socios, como os servizos de publicidade ou as funcións de Google que poden aparecer noutros sitios. O noso produto Google Analytics axuda as empresas e os propietarios dos sitios a analizar o tráfico recibido nos seus sitios web e aplicacións. Cando se utiliza xunto cos nosos servizos de publicidade, como os que utilizan a cookie DoubleClick, a información de Google Analytics está ligada, mediante Google ou o cliente de Google Analytics, con información sobre visitas a varios sitios.

A información que recompilamos cando inicia sesión en Google, ademais da que obtemos sobre vostede a través dos socios, pode estar asociada coa súa conta de Google. Cando a información está asociada coa súa conta de Google, tratámola como información persoal. Para obter máis información sobre como pode acceder, xestionar ou eliminar información asociada coa súa conta de Google, consulte a sección Transparencia e liberdade de escolla desta política.

Como usamos a información obtida

A información que extraemos de todos os nosos servizos permítenos proporcionar, manter, protexer e mellorar os devanditos servizos, desenvolver outros servizos novos e protexer Google e os nosos usuarios. Tamén utilizamos estes datos para ofrecerlle contido personalizado como, por exemplo, resultados de busca e anuncios máis relevantes.

Podemos usar o nome que proporcione para o seu perfil de Google en todos aqueles servizos para cuxa utilización sexa necesario dispoñer dunha conta de Google. Ademais, poderemos substituír os nomes que asociase con anterioridade á súa conta de Google de modo que estea identificado de forma coherente en todos os nosos servizos. Se outros usuarios xa teñen o seu correo electrónico ou outra información que o identifique, é posible que lles permitamos ver a información pública do seu perfil de Google, como o seu nome e a súa foto.

Se dispón dunha conta de Google, é posible que mostremos o seu nome e foto de perfil e as accións que leva a cabo en Google ou en aplicacións de terceiros relacionadas coa súa conta de Google (como os +1 e os comentarios que escribe ou publica) nos nosos Servizos, así como en anuncios e noutros contextos comerciais. Respectaremos as decisións que tome para limitar a configuración de uso compartido ou visibilidade da súa conta de Google.

Se se pon en contacto con Google, gardaremos un rexistro da súa comunicación para podermos resolver máis facilmente calquera incidencia que se produza. Tamén é posible que utilicemos o seu enderezo de correo electrónico para enviarlle información sobre os nosos servizos, incluída información sobre as melloras ou as modificacións que se vaian implementar proximamente.

Utilizaremos os datos recollidos a través das cookies e doutras tecnoloxías como, por exemplo, os contadores de visitas, para mellorar a experiencia de usuario e a calidade xeral dos nosos servizos. Un dos produtos que utilizamos para logralo nos nosos propios servizos é Google Analytics. Por exemplo, ao gardar as súas preferencias de idioma, poderemos facer que os nosos servizos aparezan no idioma que prefira. Cando lle mostremos anuncios personalizados, non asociaremos un identificador de cookies ou tecnoloxías similares a categorías sensibles, como as relativas á raza, relixión, orientación sexual ou saúde.

Os nosos sistemas automatizados analizan o seu contido, incluídos os correos electrónicos, para proporcionarlle as funcións persoalmente relevantes dos produtos, como resultados de busca personalizados, publicidade a medida e detección de spam e software malicioso.

Podemos combinar a información persoal dun servizo coa información doutros servizos de Google, incluída a información persoal, para que poidas compartir contido con usuarios que coñezas máis facilmente, entre outros usos. Dependendo da configuración da túa conta, a túa actividade noutros sitios e aplicacións pódese asociar coa túa información persoal para mellorar os servizos e os anuncios que proporciona Google.

Pedirémoslle o seu consentimento previo para usar calquera tipo de información cun fin que non estea recollido nesta Política de privacidade.

Google procesa información persoal en servidores situados en distintos países do mundo. Polo tanto, é posible que procesemos a súa información persoal nun servidor que non estea situado no seu país de residencia.

Transparencia e liberdade de escolla

Os usuarios preocúpanse por diferentes cuestións relacionadas coa privacidade. O noso obxectivo consiste en ofrecer información clara sobre os datos que obtemos para que os usuarios poidan tomar decisións axeitadas con relación ao seu uso. Por exemplo:

  • Pode revisar e actualizar os controis da súa actividade de Google para decidir que tipo de datos (por exemplo, os vídeos que visualizou en YouTube ou as buscas anteriores) quere gardar na súa conta ao usar os servizos de Google. Tamén pode utilizar estes controis para determinar se se almacena unha actividade concreta no seu dispositivo mediante cookies ou tecnoloxías similares cando utiliza os nosos servizos sen iniciar sesión na súa conta.
  • Pode usar o panel de control de Google para revisar e controlar determinados tipos de información ligados á súa conta de Google.
  • Utiliza a Configuración de anuncios para consultar e editar as túas preferencias sobre os anuncios de Google que se mostran en Google e na web (por exemplo, as categorías que che interesan). Desde esa páxina, tamén podes desactivar algúns servizos de publicidade de Google.
  • Pode definir como se mostra aos demais usuarios o perfil asociado coa súa conta de Google.
  • Pode controlar con quen comparte información a través da súa conta de Google.
  • Pode obter información asociada coa súa conta de Google a partir de moitos dos nosos servizos.
  • Pode decidir se quere que o seu nome e foto de perfil aparezan nas recomendacións compartidas que aparecen nos anuncios.

Tamén pode configurar o seu navegador para que bloquee todas as cookies, incluídas as cookies asociadas aos nosos servizos, ou para saber cando é Google quen envía a cookie. Non obstante, debe ter en conta que se deshabilita as cookies, é posible que moitos dos nosos servizos non funcionen correctamente. Por exemplo, é posible que non lembremos as preferencias de idioma.

Información compartida por vostede

Moitos dos nosos servizos permiten compartir información con outros usuarios. Teña en conta que os motores de busca, incluído Google, poden indexar a información que comparta de forma pública. Os nosos servizos ofrécenlle diferentes opcións para compartir ou eliminar contidos.

Acceder aos seus datos persoais e actualizalos

Cada vez que usa un servizo de Google, intentamos que poida acceder á súa información persoal. Se esa información non é correcta, tratamos de ofrecer os medios para actualizala rapidamente ou para eliminala (excepto se debemos conservala con fins legais ou comerciais lexítimos).

Ao prestar os nosos servizos, desexamos protexer os seus datos procurando que non poidan eliminarse de forma accidental ou intencionada. Por este motivo, aínda que elimine os seus datos dos nosos servizos, é posible que non destruamos de inmediato as copias residuais almacenadas nos nosos servidores activos nin os datos almacenados nos nosos sistemas de seguridade.

A información que compartimos

Non compartimos información persoal con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google, excepto no caso dalgunha das seguintes circunstancias:

  • Co seu consentimento

    Compartiremos información persoal con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google se nos permite facelo. Necesitamos o consentimento do usuario para facilitar calquera tipo de información persoal confidencial.

  • Con administradores de dominio

    Se un administrador do dominio se encarga de xestionar a súa conta de Google (por exemplo, se é usuario de G Suite), o administrador do seu dominio e os distribuidores encargados de proporcionar asistencia ao usuario para a súa organización poderán acceder á información da súa conta de Google (incluídos o seu correo electrónico e outros datos). O administrador do seu dominio poderá:

    • Consultar estatísticas relacionadas coa súa conta, como as relativas ás aplicacións que instale.
    • Cambiar o contrasinal da súa conta.
    • Suspender ou cancelar o acceso á súa conta.
    • Acceder a datos almacenados en relación coa súa conta ou conservar os devanditos datos.
    • Obter a información da súa conta necesaria para cumprir coa lexislación ou a normativa aplicables, os procesos legais ou as solicitudes gobernamentais aplicables.
    • Limitar a súa capacidade para eliminar ou editar a información ou a configuración de privacidade.

    Para obter máis información, consulte a política de privacidade do administrador do seu dominio.

  • Para o procesamento externo

    Proporcionamos información persoal ás nosas filiais ou a outras empresas ou particulares de confianza para que a procesen no noso nome, sempre que sigan as nosas instrucións de conformidade coa nosa Política de privacidade e cumpran as medidas de confidencialidade e de seguridade oportunas.

  • Por cuestións xurídicas

    Compartiremos información persoal con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google se cremos de boa fe que existe unha necesidade razoable de acceder á devandita información, de usala, de conservala ou de revelala para:

    • Cumprir coa lexislación, coa normativa, co proceso legal ou coa solicitude gobernamental aplicables.
    • Aplicar as Condicións de servizo pertinentes, incluída a investigación de posibles infraccións.
    • Detectar ou previr a fraude e as incidencias técnicas ou de seguridade ou facerlles fronte doutro modo.
    • Protexer os dereitos, a propiedade ou a seguridade de Google, dos nosos usuarios ou do público en xeral na medida esixida ou permitida pola lexislación aplicable.

É posible que compartamos información de carácter non persoal publicamente ou cos nosos socios, incluídos editores, anunciantes ou sitios conectados. Por exemplo, podemos compartir publicamente información para amosar tendencias sobre a utilización xeral dos nosos servizos.

Se Google participa nunha fusión, adquisición ou venda de activos, asegurarémonos de manter a confidencialidade dos datos persoais e informaremos os usuarios afectados antes de que os seus datos persoais se transfiran ou pasen a estar suxeitos a unha política de privacidade diferente.

Seguridade da información

Esforzámonos por protexer Google e os seus usuarios fronte a operacións non autorizadas de modificación, divulgación ou destrución da información que almacenamos ou fronte ao acceso non autorizado a esta. En particular:

  • Ciframos moitos dos nosos servizos mediante SSL.
  • Ofrecemos a posibilidade de configurar a verificación en dous pasos para acceder ás contas de Google, así como unha función de navegación segura en Google Chrome.
  • Revisamos as prácticas de procesamento, de almacenamento e de obtención de información, incluídas as medidas físicas de seguridade, para evitarmos que se produzan accesos non autorizados aos nosos sistemas.
  • Limitamos o acceso á información persoal almacenada aos contratistas, axentes e empregados de Google que precisan coñecer a devandita información para que a procesen. Todos eles están obrigados a cumprir coas estritas esixencias contractuais relativas á confidencialidade e, de incumprírenas, abriríaselles o expediente disciplinario pertinente ou procederíase ao seu despedimento.

Cando se aplica esta política de privacidade

A nosa Política de privacidade aplícase a todos os servizos que prestan Google LLC e os seus colaboradores, incluído YouTube, aos servizos que ofrece Google nos dispositivos Android e aos que se ofrecen noutros sitios (por exemplo, os servizos de publicidade), excepto se están suxeitos a políticas de privacidade independentes que non se inclúen nesta Política de privacidade.

A nosa Política de privacidade non se aplica aos servizos fornecidos por outras empresas ou particulares, incluídos os produtos ou sitios que poidan aparecer nos resultados da busca e os sitios que poidan incluír servizos de Google ou aos que se acceda desde os devanditos servizos. A nosa Política de privacidade non cobre o tratamento da información doutras empresas e organizacións que anuncien os nosos servizos ou que usen cookies, contadores de visitas ou outras tecnoloxías para publicar e ofrecer anuncios relevantes.

Cumprimento e cooperación coas autoridades reguladoras

Google verifica o cumprimento da súa Política de privacidade de forma regular. Tamén cumprimos con varios marcos de autorregulación, entre os que se inclúen o EU-US Privacy Shield Framework e o Swiss-US Privacy Shield Framework. En caso de que recibamos unha reclamación formal por escrito, porémonos en contacto coa persoa que a presentou para facer un seguimento desta. Tamén nos poremos en contacto coas autoridades reguladoras pertinentes, incluídas as autoridades locais encargadas da protección de datos, para resolver calquera reclamación relacionada coa transferencia de información persoal que non poidamos solucionar directamente co usuario.

Modificacións

A nosa Política de privacidade poderase modificar en calquera momento. Non limitaremos os seus dereitos en virtude desta Política de privacidade sen o seu consentimento explícito. Publicaremos todas as modificacións da presente Política de privacidade nesta páxina e, se son significativas, efectuaremos unha notificación máis destacada (por exemplo, enviarémoslle unha notificación por correo electrónico se a modificación afecta a determinados servizos). Ademais, arquivaremos as versións anteriores desta Política de privacidade para que poida consultalas.

Prácticas de produtos específicos

A continuación ofrécese información sobre as prácticas de privacidade específicas dalgúns produtos e servizos de Google que pode usar:

Para obter máis información sobre os nosos servizos máis populares, consulte a Guía de privacidade de produtos de Google.

As páxinas das políticas e dos principios de Google ofrecen máis material útil relacionado coa privacidade e a seguridade, como:

Aplicacións de Google
Menú principal