Lista de servizos e condicións adicionais específicas de cada servizo

Servizos que utilizan as Condicións de servizo de Google e as súas condicións e políticas adicionais específicas do servizo

As Condicións de servizo de Google aplícanse aos servizos mostrados a continuación. A carón de cada servizo, tamén indicamos as condicións e políticas adicionais que se aplican a ese servizo en particular. As Condicións de servizo, xunto coas condicións e as políticas adicionais, definen a nosa relación e as expectativas mutuas ao usar os nosos servizos.

Nesta lista só se inclúen os servizos que se rexen polas Condicións de servizo xerais de Google. Algúns servizos populares, como YouTube, teñen as súas propias condicións debido a que contan con funcións únicas. A maioría dos nosos produtos de pago para empresas e os nosos produtos de API de programadores tamén dispoñen das súas propias condicións.

Lanzamos a miúdo servizos novos e, ás veces, actualizamos as nosas condicións e políticas. Facemos todo o posible para manter esta páxina ao día e tentamos actualizala periodicamente.

Servizos
 
Aplicacións de Google
Menú principal